Promoción Agroalimentaria

Xornada técnica sobre os recursos fitoxenéticos conservados no CIAM

INTRODUCIÓN

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) é un centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) que ten entre outras a función de coordinar o Banco de Recursos Fitoxenéticos da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Banco traballase na recuperación, multiplicación e caracterización (morfolóxica, agronómica e molecular) de variedades e poboacións vexetais principalmente de orixe galega co fin de conservalas evitando a súa extinción, contribuíndo ademais a:

  1. Conservar  e aumentar a nosa biodiversidade agraria, transferindo as variedades que teñan interese comercial ao sector produtivo.
  2. Manter as variedades locais, o que permite conservar xenes varietais que podan ofrecer unha mellor adaptación ás condicións locais e a súa posible resiliencia.
  3. Conservar as variedades, non só por criterios produtivos, senón tamén polas súas singulares cualidades organolépticas.
  4. Apoio ao agricultor e ás empresas do sector para unha xestión axeitada destes cultivos.

Actualmente no CIAM consérvase unha colección de millo (máis de 600 ecotipos e 695 liñas puras), máis de 1.600 mostras de sementes pratenses de 100 especies, unhas 300 accesións de cereais de inverno (trigos e centeos), cultivos hortícolas (tomates, pementos, leitugas, cebolas etc) e unha colección de maceiras e pereiras, neste caso mantidas in vivo.

Froito do intenso traballo desde os anos 70, nos últimos anos téñense rexistrado ou están en fase de rexistro moitas variedades de conservación ou comerciais, e tamén de poboacións naturais co fin de poñelas á disposición do sector.

A Fundación Juana de Vega colabora na organización dunha xornada na que se amosará os contidos das coleccións  e os resultados obtidos ata a data con este material, tanto a nivel de conservación, multiplicación e caracterización, como a nivel de rexistro de variedades.

Abordarase tamén por parte do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Xunta de Galicia a normativa e particularidades da comercialización das variedades rexistradas, e por parte do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo as experiencias ligadas á formación e á transferencia sobre variedades tradicionais.

Expoñeranse tamén os resultados acadados no convenio entre a Fundación Juana de Vega e AGACAL para “A caracterización, recuperación e conservación da biodiversidade vexetal de interese agrario de Galicia”.

A xornada vai dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

PROGRAMA

Venres 6 de novembro de 2020

Hora

Contido

Relator/a

9:00—9:30

Recepción dos asistentes e entrega de materiais

 

9:30-9:45

Presentación das xornadas

 

Jose Luís Cabarcos Corral

Director da AGACAL

Manuel López Luaces Director do CIAM

Julio López Díaz. CIAM

José Manuel Andrade Calvo, Director da Fundación Juana de Vega

 

9:45-10:00

Resultados do Convenio coa Fundación Juana de Vega  para a caracterización, recuperación e conservación da biodiversidade xenética vexetal de interese agrario de  Galicia

Manuel López Luaces

CIAM

Julio López Díaz. CIAM

 

10:00-10:20

Sementes para o futuro: A colección de pratenses

Julio López Díaz. CIAM

10:20-10:40

Millo: variedades rexistradas e liñas puras

Jesús Moreno López  e María José Bande Castro

CIAM

10:40-11:00

Os cereais de inverno: trigo e centeo

Luís Urquijo Zamora. CIAM

11:00-11:10

Preguntas bloque 1

11:10-11:40

Pausa- café

 

11:40-12:00

Rexistro de material xenético para a creación de variedades. Rexistro de produtores e agricultores para venda e comercio

Cesar Iglesias Vázquez

Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Xunta de Galicia

12:00-12:20

Actividades do CFEA de Guísamo (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo) na conservación e uso de variedades tradicionais

Xosé Antonio Meixide Fernández

CFEA

Pilar Castro García

CFEA

12:20-12:40

A colección de froiteiras

Javier Ascasíbar Errasti

LAFIGA

12:40-13:00

Especies e variedades de horta conservadas no CIAM

Alfredo Taboada Arias. CIAM

13:00-13:20

Preguntas bloque 2

13:20-13:40

Sesión práctica. Como funciona un banco de xermoplasma?

Julio López Díaz. CIAM

LUGAR

Salón de actos do CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo).

Estrada Betanzos- Mesón do Vento, km7; Abegondo (15318 A Coruña)

INSCRICIÓN

Para realizar a  súa inscrición na Xornada Técnica sobre os Recursos Fitoxenéticos conservados no CIAM  que organiza o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo en colaboración coa  Fundación Juana de Vega, é necesario descargar, cubrir e asinar o seguinte formulario normalizado:

DESCARGAR FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

DESCARGRA PROGRAMA EN PDF

Una vez cuberto e asinado o formulario debe ser enviado por email a info@juanadevega.org

Debido ás limitacións de aforo polas restriccións da Covid 19, habilitarase a posibilidade de seguir a xornada online vía webex, para o que deberá indicarse no mail se asistiran de forma presencial ou online.

Aqueles participantes que teñan elixido a modalidade on-line recibirán un email co enlace para seguir a xornada. 

XORNADA REALIZADA NO MARCO DO PLAN DE TRANSFERENCIA PARA O APOIO ÁS ACTIVIDADES DE DEMOSTRACIÓN E DE INFORMACIÓN AO AGRO GALEGO 2020, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.



Comentarios