14 decembro - 16 a 19h
Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro
Xinzo de Limia
A Fundación Juana de Vega colabora coa Universidade de Vigo na organización da Xornada Técnica sobre Melloras na produción da pataca o vindeiro 14 de decembro no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro en Xinzo de Limia.
A xornada ten como obxectivo prioritario a presentación dos primeiros resultados do proxecto SoildiverAgro (http://soildiveragro.eu/) que poden axudar mellorar os rendementos da produción de pataca en Galicia.
Esta sesión informativa céntrase nunha agricultura máis sustentable e con menos custes, e está dirixida aos axentes interesados na biodiversidade do solo e na agricultura sostible.
O proxecto SoildiverAgro ten como principais obxectivos a adopción de novas prácticas de xestión e sistemas de cultivo que melloren a biodiversidade xenética e funcional do solo e reduzan o uso de insumos externos e aumenten, ao mesmo tempo, a produción e a calidade dos cultivos, a prestación de servizos ecosistémicos e a estabilidade e resiliencia da agricultura da Unión Europea.
Os participante será invitados a unirse á Comunidade SoildiverAgro e así poder contribuír na mellora e optimización das técnicas expostas.
Axenda | |
16:00-16:15 | Presentación do proxecto SoildiverAgro |
16:15-16:45 | Presentación do libro “Interacións entre a xestión agrícola e a biodiversidade do solo: unha visión xeral dos coñecementos actuais” |
16:45-17:30 | Presentación de resultados preliminares do proxecto
|
17:30-17:45 | Pausa-café |
17:45-18:30 | Debate |
18:30-19:00 | Comunidade SoildiverAgro. Como formar parte? |
19:00 | Viño Galego |