Dende o curso 1992-1993 ao curso 2009-2010 impartiuse en colaboración coa Universidade da Coruña formación en Xestión de Empresas Agroalimentarias. Esta formación serviu de base, para que un gran número de alumnos, ocupen hoxe postos de responsabilidade en empresas do sector.
O Programa de Postgrao cuxo contido respondía ás necesidades empresariais, constituíu o complemento de formación necesario para aqueles titulados universitarios nas diferentes ramas agrarias, ou profesionais, que desexasen afrontar con éxito o seu futuro laboral e profesional.
Titulados universitarios, tanto de primeiro como de segundo ciclo, con especial orientación cara as ramas agrarias (Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, Enxeñeiros Técnicos Forestais, Veterinarios, Biólogos, Químicos, licenciados en Ciencias do Mar, ….), profesionais e Directivos del sector.
300 horas presenciais.
A Fundación outorgou ata 15 bolsas para a realización do curso completo, que cubríu o importe da matrícula en 990€.