Promoción Agroalimentaria

Retos e oportunidades para o agro galego: Aplicación en Galicia do partenariado europeo para a innovación

A Unión Europea desexa implantar nos estados membros un novo xeito de fomentar a innovación no sector agroalimentario, a través do "Partenariado Europeo para a Innovación".

Presentación

A Unión Europea desexa implantar nos estados membros un novo xeito de fomentar a innovación no sector agroalimentario, a través do "Partenariado Europeo para a Innovación". Este novo sistema canalizará os esforzos e fondos para o crecemento da innovación no agro, a través dos denominados "grupos operativos", baseados no traballo colaborativo entre parceiros de distintas características: produtores, investigadores, empresas, axentes de innovación, ONGs, asociacións, etc... Precísase difundir este novo enfoque para que o conxunto de axentes que se desenvolven no medio rural coñeza as novas oportunidades que se aveciñan. Neste senso, a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA), a Fundación Juana de Vega e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) do Instituto Galego da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural e do Mar, organizan a xornada "Retos e oportunidades para o agro galego: a aplicación en Galicia do partenariado europeo para a innovación", coa que se espera dar a coñecer a potencialidade desta _gura, demostrar a súa viabilidade a través de experiencias en marcha e amosar cómo se recolle no Plan de Desenvolvemento Rural galego.

Información Práctica

Obxetivos:

  • Difundir o novo concepto de fomento, apoio e financiamento da innovación no sector agroalimentario
  • Dar a coñecer exemplos de innovación no agro canalizados mediante estruturas de colaboración semellantes aos "grupos operativos", eixo do novo enfoque europeo
  • Mostrar exemplos de funcionamento de axentes de innovación para a industria agroalimentaria
  • Actualizar a información sobre os contidos do Plan de Desenvolvemento Rural galego no tocante ao Partenariado Europeo para a Innovación, Grupos Operativos e Axentes de Innovación.

Celebración:

6 de xuño de 2014. De 09.00 h a 14.00 h CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo)

Dirixido a:

Calquera persoa ou entidade con actuación no eido agroalimentario e especialmente:

  • Produtores e os seus representantes: sindicatos, asociacións, consellos reguladores...
  • Directivos de cooperativas, departamentos de innovación, direción técnica de proxecto...
  • Administración
  • Centros de investigación con competencias ou oferta para o sector agroalimentario galego
  • ONGs con actuación no medio rural

 



Comentarios