A Fundación Juana de Vega promove en colaboración coa EFA Piñeiral o curso “INNOVACIÓN EN MÁRKETING, BRANDING E PACKAGING NAS EMPRESAS AGROALIMENTARIAS”
A Fundación Juana de Vega promove en colaboración coa EFA Piñeiral o curso “INNOVACIÓN EN MÁRKETING, BRANDING E PACKAGING NAS EMPRESAS AGROALIMENTARIAS” que se desenvolverá na sede da EFA Piñeiral en Arzúa os días 18 e 19 de maio de 2023, en horario de 9:30 a 14:30 horas. Este curso está dirixido a persoas emprendedoras, produtores e transformadores agroalimentarios e demais persoas interesadas.
18 e 19 de maio de 2023
EFA Piñeiral- Centro de Formación Profesional e Promoción Rural. Santa María s/n Arzúa.
https://maps.app.goo.gl/oPmDDfVmFve1aJ3e9
Xoves 18.
9:30 a 14 h. Pack different my friend!… Fundamentos do Márketing e a Comunicación.Xosé Luis Reza, Presidente do Clúster do Ecommerce de Galicia e Presidente Fundador de Markea e do Clúster da Comunicación de Galicia.
11.30 a 12.00h Pausa café.
Venres 19
9:30 a 10:30 h. Branding & Packaging. A importancia da marca no envoltorio. Xosé Teiga. Director creativo de Xosé Teiga Studio.
10:30 a 11 h. Pausa café
11 a 12 h. O packaging como elemento dinamizador das vendas. A importancia dun bo packaging. Rosa Pumar. Directora Xeral de Imaxe.
12 a 13 h. Tendencias en innovación de packaging no sector lácteo internacional. Alfonso Pérez. CEO en Foodtec. Coñeceremos unha recompilación das estratexias de envasado e etiquetaxe empregadas no sector lácteo e competidores, tanto a nivel internacional como nacional, para o lanzamento de novos produtos e a renovación das gamas existentes.
13 a 14 h. Asesoramento ás empresas asistentes por parte de Xosé Teiga, Rosa Pumar e Alfonso Pérez. Como aplicar a innovación no meu produto?
14 a 15 h. Aperitivo con produtos locais elaborado polos alumnos/as do Ciclo de Panadería, Repostería e Confitería da EFA Piñeiral.
15 a 15:30 h. Visita ao obrador de panadaría, repostaría e confeitaría da EFA Piñeiral.
15:30 a 17:30 h. Visita agroturística ao Pazo de Santa María, Queixería Galmesán e outra queixería amparada na D.O.P. Arzúa- Ulloa.
(As visitas son de carácter voluntario)
PRAZAS LIMITADAS