A Fundación Juana de Vega promove coa EFA- Fonteboa unha nova edición do curso “ESTRATEXIAS DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS” desde o luns 17 ao mércores 19 de xaneiro de 2022, en horario de 9 a 14 horas. Este curso está dirixido a emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios e demais persoas interesadas.
O curso terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros) os días 17 e 18 e no Centro de Promoción Rural- EFA Fonteboa (Feiranova s/n, Coristanco) o 19 de xaneiro.
Lugar: Sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós- Oleiros)
Docente: José Ramón Porto
Director de Pe- Marketing e profesor de Marketing digital na USC e na University College de Dublin.
Contidos:
Estratexias de comercialización. Integración offline - online:
Lugar: Sede da EFA Fonteboa (Coristanco)
Docente: Xosé Teiga
Director creativo experto na estratexia aplicada á comunicación e a publicidade para xerar mensaxes de marcas, produtos e empresas a través de conceptos creativos, identidade corporativa e deseño gráfico aplicado á comunicación gráfica, publicidade, interactiva e audiovisual.
Contidos:
1ª Parte
Introdución: Branding & Packaging: necesidade de marcar, signos / marcas, Branding, Tendencias en deseño, Autenticidade, Calidade, Pureza, Biobase, Códigos bidi, Desenvolver unha estratexia. Exercicio de benchmarketing.
2ª Parte
Identidade de produto: Narración, cultura, industria, Carrefour, atraer, tendencias etiquetas e envases, envases intelixentes, envases verdes, envases adaptados, envases interactivo, novos tamaños, evocar máis emoción / multisensorial, envases personalizados, sustentabilidade, ecofriendly, packaging e innovación.
Inscripción pechada
Para o desenvolvemento do curso recomendamos que traias o teu ordenador portátil ou a túa tablet!