Promoción Agroalimentaria

Curso “Estratexias de comercialización, packaging e etiquetado de produtos agroalimentarios”

A Fundación Juana de Vega promove coa EFA- Fonteboa unha nova edición do curso “ESTRATEXIAS DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS” desde o martes 4 ao xoves 6 de febreiro de 2020, en horario de 9 a 14 horas. Este curso está dirixido a emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios e demais persoas interesadas.

Lugar

O curso terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega (os días 4 e 5) e no Centro de Promoción Rural- EFA Fonteboa (Feiranova s/n, Coristanco) o 6 de febreiro.

Obxectivos

  • Coñecer as novas ferramentas do marketing online e de comercialización no ámbito agroalimentario.
  • Axudarte a definir unha estratexia de comercialización de produtos agroalimentarios para mellorar o seu posicionamento no mercado.
  • Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.
  • Branding & Packaging. Coñecemento e aprendizaxe do que significan estes conceptos e como se poden aplicar na área agroalimentaria.
  • Aprendizaxe da importancia do empaquetado de produtos agroalimentario e o seu valor diferencial.
  • Coñecemento das novas tendencias e da evolución do packaging a nivel global.
  • Visualización de diferentes exemplos de packaging que axuden entender os conceptos expostos.

Martes 4 e mércores 5 de febreiro de 2020

Lugar: Sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós- Oleiros)

DocenteJosé Ramón Porto
Director de Pe- Marketing e profesor de Marketing digital na USC e na University College de Dublin.

Contidos:

Estratexias de comercialización. Integración offline - online:

  • Cambios no comportamento de compra do consumidor.
  • A importancia de planificar en márketing.
  • Novas estratexias de comercialización.
  • Márketing dixital.
  • Estratexias de márketing dixital
  • Integración do márketing tradicional e o dixital. 

Xoves 6 de febreiro de 2020

Lugar: Sede da EFA Fonteboa (Coristanco)

Docente: Xosé Teiga
Director creativo experto na estratexia aplicada á comunicación e a publicidade para xerar mensaxes de marcas, produtos e empresas a través de conceptos creativos, identidade corporativa e deseño gráfico aplicado á comunicación gráfica, publicidade, interactiva e audiovisual.

Contidos:

1ª Parte
Introdución: Branding & Packaging: necesidade de marcar, signos / marcas, Branding, Tendencias en deseño, Autenticidade, Calidade, Pureza, Biobase, Códigos bidi, Desenvolver unha estratexia. Exercicio de benchmarketing.

2ª Parte
Identidade de produto: Narración, cultura, industria, Carrefour, atraer, tendencias etiquetas e envases, envases intelixentes, envases verdes, envases adaptados, envases interactivo, novos tamaños, evocar máis emoción / multisensorial, envases personalizados, sustentabilidade, ecofriendly, packaging e innovación.

Inscrición

Curso completo.


Comentarios