Este curso de viticultura e enoloxía ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que abrangue de febreiro a decembro, o que permite a realización de prácticas en todas as operacións que se desenvolven nun viñedo e nunha adega e que abranguen dende a implantación e o mantemento do viñedo aos procesos de elaboración do viño na adega.

Realizarase o seguimento en explotación de todo o ciclo vexetativo de variedades brancas (branca lexitima, godello, agudelo, albariño, etc.) e tintas (mencía, brancellao, merenzao, sousón, etc.) e da produción e control de elaboración de viños brancos e tintos na adega CFEA.
Ao remate do curso, o alumnado:
Formación teórica sobre poda, sistemas de condución, labores, control de pragas, vinificación e bases teóricas da cata de viños.
Formación práctica en poda, enxerto, atado, vinificación, control en laboratorio do proceso de elaboración e cata.
Visita a un viñedo e unha adega nunha comarca vitivinícola galega.
Duración del curso: 100 horas (febreiro- decembro).
Número de prazas: 20
Prezo: 220 euros
Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a inauguración e algunhas sesións teóricas que terán lugar na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros). (ver programa detallado)
Clases en CFEA de Guísamo: de 16:30 h a 20:30 h.
Clases en la Fundación Juana de Vega: de 16:00 h a 20:00 h
Asistencia
A obtención do certificado de aproveitamento implica a asistencia ao 80% das horas lectivas.