Cursos e xornadas

Curso de planificación de explotacións frutícolas, defensa vexetal, traballos de mantemento, mecanizacións e instalacións

9 de maio -20 de xuño 2023 - 24h

Curso independente derivado do curso de fruticultura e técnicas de cultivo 2023

O curso, cunha duración de 24h e de carácter eminentemente práctico no que se estuda a maneira de planificar unha explotación frutícola e se revisan as principais labores de mantemento e a mecanización, os tratamentos fitosanitarios e as instalacións das explotacións dedicadas ao cultivo de diferentes especies de froiteiras de interese na Comunidade Galega.

Duración do curso

6 xornadas entre o 9 de maio e o 20 de xuño.

Lugar

Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás as sesión inicial do 9 de maio que terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros).

Horario del curso

Clases no CFEA de Guísamo: de 16:30 h a 20:30 h.
Clases na Fundación Juana de Vega: de 16:00 h a 20:00 h

Asistencia

A obtención do certificado de aproveitamento implica a asistencia ao 80% das horas lectivas.

Programa

Martes, 9 de maio. Fundación Juana de Vega.
Enfermidades das froiteiras.

Martes, 16 de maio. CFEA de Guísamo.
Mecanización, labores primarias e mantemento do solo.

Martes, 23 de maio. CFEA de Guísamo.
Pragas das froiteiras. Prácticas de identificación en campo e pragas e enfermidades.

Martes, 30 de maio. CFEA de Guísamo.
Tratamentos fitosanitarios. Técnicas e pulverizadores. Produción ecolóxica e integrada.

Martes, 6 de xuño. CFEA de Guísamo.
Planificación e implantación dunha explotación frutícola.

Martes, 20 de xuño. CFEA de Guísamo.
Instalacións na explotación frutícolas: rega, empalizada, emparrados, semiemparrados, peches, cortaventos, etc.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Comentarios