Promoción Agroalimentaria

Curso básico de viticultura e enoloxía.

Formación en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo para a obtención dunha uva de calidade e para a súa posterior transformación.

Descrición

Este curso básico de viticultura e enoloxía ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que vai de febreiro a decembro, o que permite a formación práctica en todas as operacións que se desenvolven nun viñedo e nunha adega, desde a implantación ou mantemento da viña aos procesos de elaboración de viño na adega.

Realizarase o seguimento en finca de todo o ciclo vexetativo das variedades brancas (branco lexítimo, godello, agudelo, albariño, etc.) e tintas (mencía, brancellao, merenzao, sousón, etc.) e da elaboración e control de vinificación de viño branco e tinto na adega do CFEA.

Obxectivos:

Ao final do curso, o alumnado:

1.- Poderá reproducir as prácticas agrícolas básicas no manexo dun viñedo durante un ciclo produtivo completo.

2.- Terá coñecementos básicos sobre o proceso de vinificación e elaboración do viño.

Actividades

Formación teórica sobre podas, sistemas de condución, labores, control de pragas, vinificación e bases teóricas da cata de viños.

Formación práctica en poda, enxerto, atado, vinificación, control en laboratorio do proceso de vinificación e cata.

Visita a un viñedo e unha adega nunha comarca vitivinícola galega.

Duración do curso: 100 horas (febreiro- decembro)
Número de sesións docentes: 23
Número de prazas: 20
Prezo: 200 euros

Lugar

Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a inauguración e clausura do curso, así como as sesións que se indican no calendario que terán lugar na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros). Para más detalle ver o programa do curso.

Horario del curso

Aulas en CFEA de Guísamo: de 16:30 h a 20:30 h.
Aulas na Fundación Juana de Vega: de 16:00 h a 20:00 h

Descargas

Programa


Comentarios