Promoción Agroalimentaria

Curso avanzado de viticultura e enoloxía.

Formación en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo para a obtención dunha uva de calidade e para a súa posterior transformación.

Descrición

O curso de perfeccionamento de viticultura e enoloxía está enfocado para que o alumnado realice todas as actividades necesarias, tanto no campo como na adega, para obter unha uva de calidade e a súa posterior transformación en viño de forma autónoma coa supervisión e control dun titor.

O curso é totalmente práctico, con máis carga lectiva na parte de enoloxía que na de viticultura.

Asesorados por un profesor especialista, cada grupo de dous alumnos encargarase das labores culturais dunha fileira de cepas ata a súa madurez. A uva que se produza recollerase e o viño elaborarase segundo o criterio do grupo. Haberá tantas microvinificacións diferentes como grupos haxa no curso.

O viño obtido de cada microvinificación será propiedade do alumno/a, reservando o centro 4 litros para a cata de fin de curso.

Obxectivos:

Ao final do curso, o alumnado:

1. Terán acadado unha especialización práctica no cultivo da vide e no coñecemento das variedades de uva autóctonas e alóctonas máis interesantes.

2. Contarán cunha preparación técnica adecuada que permita a xestión do viñedo

3. Terán un nivel de preparación suficiente para afrontar diferentes producións vitivinícolas e xestionar unha pequena adega a nivel técnico.

Requisitos:

É recomendable ter uns mínimos coñecementos para afrontar as diferentes actividades prácticas para a realización deste curso.

Por iso, para a realización do curso, os interesados/as deberá xustificar algunha das seguintes titulacións:

  • Ciclo Superior en Paisaxismo e medio rural.
  • Ciclo Medio Aceites de oliva e viño.
  • Ciclo Superior Vitivinicultura.
  • Titulados das ramas universitarias agrarias.
  • Curso de Viticultura e enoloxía de nivel básico de edicións anteriores.

Duración do curso: 60 horas (Febreiro- Decembro).

Inclúe visita a una finca e a unha bodega de una comarca vitivinícola galega.

Pola metodoloxía eminentemente práctica do curso, as condicións climatolóxicas poden obrigar a facer pequenos cambios e adaptacións do calendario.

Número de sesións docentes: 14
Número de prazas: 20
Prezo: 150 euros

Lugar

Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a inauguración e clausura do curso, así como as sesións que se indican no calendario que terán lugar na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros). Para más detalle ver programa do curso.

Horario del curso

Aulas en CFEA de Guísamo: de 16:30 h a 20:30 h.
Aulas na Fundación Juana de Vega: de 16:00 h a 20:00 h

Descargas

Programa

 


Comentarios