Promoción Agroalimentaria

Xornadas de comercialización agroalimentaria

 

 

V. Produtos locais e circuítos curtos de comercialización. 24 de Novembro de 2011

Obxectivos

Galicia conta cunha rica e variada produción agroalimentaria de recoñecida  calidade, que en numerosas ocasións xera escaso valor engadido para os produtores.

Non obstante, nos  últimos anos estanse a producir cambios nas tendencias de consumo dirixidas á procura dunha alimentación baseada en produtos de calidade vinculados ao territorio próximo, que abren novas oportunidades de negocio para os produtores locais.

O obxectivo de estas xornadas é precisamente analizar a problemática do estabelecemento de canles curtos de comercialización, apoiándose en iniciativas de éxito da Comunidade Galega e de outras Comunidades Autónomas.

O obxectivo final é que os produtores melloren as marxes potenciando así o desenvolvemento e fortalecemento das economías locais.

Descarga

Tríptico

 

IV. Tendencias e oportunidades na comercialización do viño. 26 de Noviembro de 2010

As xornadas constitúen un punto de encontro para que directivos e técnicos de bodegas e de empresas vitivinícolas poidan debater acerca da situación actual do sector e das estratexias a adoptar no eido da comercialización de viños.

Descarga

Díptico

III. Aspectos clave na comercialización de produtos cárnicos do porcino. 23 e 24 de Abril de 2010

Presentación e obxetivos.

O porcino é o primeiro sector da gandaría do noso país e coloca a España como segundo produtor da Europa dos vintecinco. Non obstante, o que ata hai poucos anos era considerado como un modelo de crecemento e desenvolvemento, encontrase na actualidade inmerso nunha situación caracterizada por un significativo descenso dos prezos das súas producións, que premen á baixa as marxes de beneficio e provocan unha diminución xeral das explotacións e do censo de gando porcino.

Mentres que nos últimos anos, no resto das Comunidades Autónomas produciuse un proceso de verticalización de toda a estrutura produtiva que deu lugar a grandes empresas, Galicia segue caracterizándose por ter un sector porcino cunha base empresarial moi atomizada, que dificulta enormemente a súa competitividade tanto no mercado español coma no exterior.

Estas xornadas teñen por obxectivo constituír un punto de encontro para todos os protagonistas implicados na cadea de valor, que permita analizar a situación actual na que se encontra inmerso o sector, a influencia que aspectos como a innovación, a calidade, a orixe dos produtos e a saúde, exercen no consumo de produtos cárnicos de porcino e as tendencias que marcarán o seu desenvolvemento futuro.

Descarga

Tríptico.

II. Estratexias para o futuro do sector lácteo. 27 e 28 de novembro de 2009

Presentación e obxectivos

O sector lácteo é un dos máis complexos e diversificados de toda a industria alimentaria. Abarca desde unha base moi atomizada, na que se está producindo unha constante disminución das explotacións ganaderas, ata as grandes empresas que tenden a copar o mercado e que poñen en marcha procesos de control de toda a cadea produtiva.

Galicia sitúase na cabeza da produción lechera de España aportando un 36% do volume total. Con todo esta posición se debilitas na fase industrial debido á inexistencia de empresas líderes e á venda de parte da produción sen transformar.

Na actualidade, o sector vese afectado por un escenario caracterizado por unha maior liberalización do mercado europeo e mundial; así como polo fin das cotas do ano 2015.

Ante esta situación é imprescindible realizar un proceso de reflexión estratéxica entre os distintos axentes que partindo da situación presente, axude a marcar os obxectivos do futuro e dos medios e mecanismos necesarios para conseguilos.

Galicia precisa contar cun sector competitivo, orientado ás demandas dos mercados internos e externos, que contribúa ademais ao desenvolvemento das áreas rurales nas que este sector ten unha presencia clave.

Para conseguilo, é necesario adaptarse aos cambios que experimentou o consumidor. Dun tempo para acó, non atopamos cun consumidor moito máis sensibilizado por aspectos como a seguridade e a calidade alimentaria, ao respecto polo medio ambiente e por suposto polos aspectos nutricionales dos alimentos que consome.

Estas xornadas tratan aspectos relevantes para o futuro do sector, como a análise das cadeas de valor, a situación actual do sector a nivel nacional e europeo, os cambios no comportamento do consumidor, a importancia da calidade e da investigación na xeración de novos produtos, así como o papel que xoga a gran distribución na comercialización dos mesmos. Todo isto se complementa con experiencias empresariais que obtiveron o recoñecemento polas súas boas prácticas neste sentido.

Descarga

Tríptico.

I. Retos e oportunidades na distribución de produtos agroalimentarios. 28 e 29 de novembro de 2008

Obxetivos

Analizar a problemática inherente á comercialización e distribución das empresas agroalimentarias desde unha dobre perspectiva: académica e eminentemente práctica. Para iso, e tendo presente a importancia que adquiren os puntos de vista empresariais, contarase coa participación de empresas/organizacións que operen tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, que explicarán cómo afrontan la problemática sectorial no seu día a día.

Estas xornadas orientanse á transmisión de coñecementos cualitativos e cualificados que permitan mellorar o posicionamiento competitivo, mediante a constitución dun foro noque os asistentes intercambien experiencias e desenvolvan de forma conxunta oportunidades potenciais para as súas empresas.

Descarga

Tríptico.


Novas relacionadas

A Comisión Europea estuda implantar unha marca común para todos os produtos locais de calidade dos países membros para pontenciar a venda directa no sector agroalimentario.

Así o anunciou hoxe Michael Erhart, Xefe da Unidade de Política de Calidade dos Produtos Agrícolas da direción xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea, na inauguración d...

A Fundación Juana de Vega celebra unhas xornadas sobre comercialización alimentaria para analizar estratexias de venda e posta en valor de produtos galegos de calidade.

O encontro, organizado pola Fundación Juana de Vega, celebrarase o xoves 24 de novembro na sede da entidade, aberto a produtores comercializadores e técnicos. A xornada centrarase nos produtos loca...

Os máximos representantes das adegas galegas analizarán en Santiago os desafíos na comercialización e internacionalización do viño que se produce na comunidade.

A Fundación Juana de Vega centrará as súas IV Xornadas de Comercialización Agroalimentaria nas tendencias e oportunidades na comercialización do viño As sesións contarán coa participación de...

I xornadas de comercialización agroalimentaria

A Fundación Juana de Vega no marco das súas iniciativas de formación en xestión de empresas agroalimentarias, organiza as I Xornadas de comercialización agroalimentaria, nas que se analiza a prob...


Comentarios