Cursos e xornadas

I xornadas de viticultura e desenvolvemento rural

Recuperación das variedades Branco lexítimo e Agudelo. 7 de Abril do 2010 no Liceo de Betanzos

A Fundación Juana de Vega está desenvolvendo desde o ano 2007 na área de Betanzos e Comarca un proxecto de investigación para a caracterización das variedades de vide "Branco Lexítimo" e "Agudelo" e a análise do seu potencial para elaboración de viños de calidade. Este estudo tamén está a contribuír ao proceso de recoñecemento destas variedades por parte da Oficina Española de Variedades Vexetais, o que permitirá que poidan ser empregadas na elaboración de viños, e identificadas na etiqueta para a súa comercialización.

Co obxecto de difundir os resultados da investigación, a Fundación Juana de Vega organiza no edificio Liceo do Concello de Betanzos o vindeiro día 7 de abril do 2010 , as I xornadas de viticultura e desenvolvemento rural: recuperación das variedades Branco lexítimo e Agudelo nas que participarán tamén responsables da Oficina Española de Variedades Vexetais e do Centro de Ensaios e Avaliación de Variedades de Murcia, entidades ambas responsables do proceso de recoñecemento das variedades.



Comentarios