Fomento da competetividade

Plan estratéxico de actuación integral para a recuperación, dinamización e valorización territorial da área Sur-Oriental de Ourense para a mellora da resiliencia do territorio fronte ao lume e a súa dinamización turística.

Dende a Fundación Juana de Vega estase a desenvolver desde agosto de 2021, o Plan Integral para a Recuperación, Dinamización e Valorización integral da área Sur-Oriental de Ourense no marco do convenio promovido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Estratexia de dinamización do sector cárnico de Galicia

A estratexia de dinamización do sector cárnico de Galicia tenta construír de maneira colaborativa, coa participación de todos os axentes dos diferentes elos da cadea, o marco conxunto de actuación que impulsen o potencial do sector da produción e a transformación de carne no período 2021-2030.

Plan Estratéxico do sector agrario da Limia

Dende a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ente público adscrito á Consellería de Medio Rural, xunto coa Fundación Juana de Vega e o GDR10 A Limia-Arnoia, estase redactando o Plan Estratéxico do Sector Agrario na Limia (PEL).