Promoción Agroalimentaria

Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia

O sector vitivinícola de Galicia converteuse  nun dos sectores máis dinámicos do rural galego, aglutinando nas súas cinco Denominacións de Orixe (D.O.P.) a máis de 13.000 viticultores, unhas 460 adegas e un valor económico de máis de 205 millóns de euros segundo os últimos datos publicados para o año 2018. A superficie inscrita nas D.O.P. supera as 9.000 hectáreas e a produción os 64 millóns de quilos de uva.

O viño é por tanto un importante dinamizador nas comarcas de Galicia que están ligadas a estas D.O.P., creando fortes relacións entre agricultura, patrimonio, paisaxe, gastronomía, cultura e turismo. Nos últimos anos ligadas aos territorios con D.O.P. xurdiron diferentes iniciativas ligadas ao turismo que pretenden sacar proveito do rico patrimonio cultural, natural e paisaxístico e do crecente interese da poboación polo enoturismo. As Rutas do Viño que existen nas 5 D.O.P. vitivinícolas de Galicia ou a marca Enoturismo Galicia pretenden crear produto e dar servizos a un turista do viño cada vez máis exixente e informado e de alto poder adquisitivo.

A necesidade de diferenciar a Galicia como destino de turismo ligado a paisaxe do viño exixe dunha estratexia conxunta, que promoción do enoturismo, a paisaxe, o patrimonio histórico, etc, especialmente no exterior e da creación dunha imaxe atractiva do territorio aproveitando os grandes recursos das comarcas vitivinícolas de Galicia e establecendo sinerxías entre elas.

Para elo asinouse en agosto de 2019 un convenio de colaboración entre a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), a Axencia de Turismo de Galicia e o Instituto Galego de Promoción económica (IGAPE) para levar adiante a estratexia.

Pretendese aproveitar toda la capacidade do sector vitivinícola como elemento tractor e dinamizador deses espazos rurais en coordinación có sector turístico. O obxectivo é sacar proveito de maneira conxunta e complementaria da calidade dos nosos produtos agrarios, da riqueza das nosas rías e do rico patrimonio natural, cultural e paisaxístico.

Pretendese en definitiva establecer una estratexia que aproveitando a complementariedade das diferentes comarcas vitivinícolas xere un desenvolvemento socioeconómico do territorio que contribúa a mellorar a posición competitiva dos viños galegos no mercado nacional e internacional, identificándoos con un territorio que reforce a súa identidade, autenticidade e  calidade de cara aos consumidores. A estratexia debe servir tamén para mellorar a eficacia da promoción e comercialización en conxunto de produtos turísticos vinculados ao sector do viño galego.

A estratexia que se presentará no ano 2020 estará coordinada pola Fundación Juana de Vega e se desenvolverá coa participación dos axentes do territorio no sector produtivo (adegas, viticultores, Grupos de Desenvolvemento Rural, etc.), turístico (hostaleiros, rutas do viño, consocios de turismo, etc.), administración pública (concellos, deputacións, Xunta de Galicia, etc.) e outros axentes do territorio e contará coa participación da comunidade científica e de expertos na materia.

Este documento será a folla de ruta da actividade turística destas  zonas enolóxicas dado o carácter transversal e estratéxico das mesmas, atendendo a novos obxectivos ademais da mellora na comercialización do viño, como a atención aos cambios de comportamento do turista enogastronómico, a aparición de novos mercados emisores, etc. Todo isto coa ambición de consolidar a competitividade  dos territorios relacionados có viño e incrementar os rendementos da actividade turística e da produción de viño.


Comentarios