A posta en marcha da Asociación Europea de Innovación para unha agricultura produtiva e sostible en 2012 supuxo un cambio na forma de acometer as accións de transferencia de coñecemento no ámbito do sector agrario.
A posta en marcha da Asociación Europea de Innovación para unha agricultura produtiva e sostible en 2012 supuxo un cambio na forma de acometer as accións de transferencia de coñecemento no ámbito do sector agrario. O novo modelo pretende evolucionar dun sistema lineal de transferencia da investigación aos usuarios, a un sistema de co-creación entre os distintos actores.
Para implementar esta nova filosofia puxéronse en marcha nos Programas de Desenvolvemento Rural, os Grupos Operativos de innovación e os proxectos de cooperación. No novo modelo interactivo de innovación, o coñecemento é agora co-creado por agricultores, investigadores, asesores, empresas, organizacións etc, que traballan en conxunto para conseguir unha produción agro alimentaria máis sostible, produtiva e rendible.
Seguindo este esquema, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) ten participado en numerosos Grupos Operativos e Proxectos Piloto en cooperación con outros axentes do medio rural galego.
Neste contexto, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a Fundación Juana de Vega organizan o vindeiro 20 de novembro, unha xornada de transferencia, realizada no marco do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2020, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Nesta xornada amosaranse os resultados e liñas de traballo dos Grupos Operativos e Proxectos Piloto desenvolvidos en Galicia nos que participa o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) dependente da AGACAL.
A presentación de resultados e liñas de traballo, enmárcase con dous relatorios de contexto sobre a importancia dos AKIS (Agricultural Knowledge and Innovation Systems) no seguinte período de programación e as conclusións do Grupo Focal organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) para posta en común de propostas para o fortalecemento dos AKIS en España.
A xornada vai dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.
Venres 6 de novembro de 2020
Hora | Contido | Relator/a |
9:00—9:30 | Recepción dos asistentes e entrega de materiais |
|
9:30-9:50 | Presentación das xornadas
| Jose Luís Cabarcos Corral Director da AGACAL Manuel López Luaces Director do CIAM Julio López Díaz. CIAM Jose Manuel Andrade Calvo, Director da Fundación Juana de Vega |
9:50-10:10 | Os AKIS na PAC 2021-2027 | Laura Enfedaque Díaz Jefa de área de Formación y Tecnología Subdirección General de Innovación y Digitalización MAPA |
10:10-10:30 | Grupo Focal sobre asesoramento en AKIS. Ideas para o fortalecemento dos AKIS en España | Andrés Montero Aparicio Profesor Asociado Univ. Carlos III de Madrid. Coordinador GF sobre asesoramiento AKIS del MAPA |
10:30-10:50 | Espectrocopía por tecnoloxía NIRS como ferramenta na xestión da fertilización de cultivos | Mª Dolores Báez Bernal. CIAM
|
10:50-11:10 | Identificación de marcadores específicos para garantir a calidade e autenticidade do mel en Galicia. | Thierry Dagnac. CIAM
|
11:10-11:30 | Bases para o cultivo ecolóxico de trigo autóctono en Galicia. | Luís Urquijo Zamora. CIAM |
11:30-11:50 | Redución dos custos de tratamentos silvícolas a partir da revalorización da biomasa forestal residual extraída dos mesmos | Juan Castro Insua. CIAM
|
11:50-12:00 | Preguntas bloque 1 |
|
12:00-12:20 | Pausa- café | |
12:20-12:40 | Pastoreo con gando caprino vs. equino para evitar a matorralización do monte. | Santiago Crecente Campo. CIAM |
12:40-13:00 | Optimización do cebo de vacas frisonas dentro da IXP “Vaca e Boi de Galicia” | Teresa Moreno López. CIAM |
13:00-13:20 | Cooperación para innovación nos sistemas de produción de leite (I) | César Resch Zafra. CIAM |
13:20-13:40 | Cooperación para innovación nos sistemas de produción de leite (II) | Gonzalo Flores Calvete. CIAM |
13:40-14:00 | Preguntas bloque 2 |
|
14:00 | Fin da xornada |
Salón de actos do CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo).
Estrada Betanzos- Mesón do Vento, km7; Abegondo (15318 A Coruña)
Para realizar a súa inscrición na Xornada técnica sobre Os proxectos piloto desenvolvidos en galicia e as actividades de grupos operativos nos que participa AGACAL que organiza o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo en colaboración coa Fundación Juana de Vega, é necesario descargar, cubrir e asinar o seguinte formulario normalizado:
DESCARGAR FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
Una vez cuberto e asinado o formulario debe ser enviado por email a info@juanadevega.org
Debido ás limitacións de aforo polas restriccións da Covid 19, habilitarase a posibilidade de seguir a xornada por streaming, para o que deberá indicarse no mail se asistiran de forma presencial ou online.
Aqueles participantes que teñan elixido a modalidade on-line recibirán un email co enlace para seguir a xornada.
XORNADA REALIZADA NO MARCO DO PLAN DE TRANSFERENCIA PARA O APOIO ÁS ACTIVIDADES DE DEMOSTRACIÓN E DE INFORMACIÓN AO AGRO GALEGO 2020, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.