O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) é un centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) que ten entre outras a función de coordinar o Banco de Recursos Fitoxenéticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No Banco traballase na recuperación, multiplicación e caracterización (morfolóxica, agronómica e molecular) de variedades e poboacións vexetais principalmente de orixe galega co fin de conservalas evitando a súa extinción, contribuíndo ademais a:
Actualmente no CIAM consérvase unha colección de millo (máis de 600 ecotipos e 695 liñas puras), máis de 1.600 mostras de sementes pratenses de 100 especies, unhas 300 accesións de cereais de inverno (trigos e centeos), cultivos hortícolas (tomates, pementos, leitugas, cebolas etc) e unha colección de maceiras e pereiras, neste caso mantidas in vivo.
Froito do intenso traballo desde os anos 70, nos últimos anos téñense rexistrado ou están en fase de rexistro moitas variedades de conservación ou comerciais, e tamén de poboacións naturais co fin de poñelas á disposición do sector.
A Fundación Juana de Vega colabora na organización dunha xornada na que se amosará os contidos das coleccións e os resultados obtidos ata a data con este material, tanto a nivel de conservación, multiplicación e caracterización, como a nivel de rexistro de variedades.
Abordarase tamén por parte do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Xunta de Galicia a normativa e particularidades da comercialización das variedades rexistradas, e por parte do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo as experiencias ligadas á formación e á transferencia sobre variedades tradicionais.
Expoñeranse tamén os resultados acadados no convenio entre a Fundación Juana de Vega e AGACAL para “A caracterización, recuperación e conservación da biodiversidade vexetal de interese agrario de Galicia”.
A xornada vai dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.
Venres 6 de novembro de 2020
Hora | Contido | Relator/a |
9:00—9:30 | Recepción dos asistentes e entrega de materiais |
|
9:30-9:45 | Presentación das xornadas
| Jose Luís Cabarcos Corral Director da AGACAL Manuel López Luaces Director do CIAM Julio López Díaz. CIAM José Manuel Andrade Calvo, Director da Fundación Juana de Vega
|
9:45-10:00 | Resultados do Convenio coa Fundación Juana de Vega para a caracterización, recuperación e conservación da biodiversidade xenética vexetal de interese agrario de Galicia | Manuel López Luaces CIAM Julio López Díaz. CIAM
|
10:00-10:20 | Sementes para o futuro: A colección de pratenses | Julio López Díaz. CIAM |
10:20-10:40 | Millo: variedades rexistradas e liñas puras | Jesús Moreno López e María José Bande Castro CIAM |
10:40-11:00 | Os cereais de inverno: trigo e centeo | Luís Urquijo Zamora. CIAM |
11:00-11:10 | Preguntas bloque 1 | |
11:10-11:40 | Pausa- café |
|
11:40-12:00 | Rexistro de material xenético para a creación de variedades. Rexistro de produtores e agricultores para venda e comercio | Cesar Iglesias Vázquez Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Xunta de Galicia |
12:00-12:20 | Actividades do CFEA de Guísamo (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo) na conservación e uso de variedades tradicionais | Xosé Antonio Meixide Fernández CFEA Pilar Castro García CFEA |
12:20-12:40 | A colección de froiteiras | Javier Ascasíbar Errasti LAFIGA |
12:40-13:00 | Especies e variedades de horta conservadas no CIAM | Alfredo Taboada Arias. CIAM |
13:00-13:20 | Preguntas bloque 2 | |
13:20-13:40 | Sesión práctica. Como funciona un banco de xermoplasma? | Julio López Díaz. CIAM |
Salón de actos do CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo).
Estrada Betanzos- Mesón do Vento, km7; Abegondo (15318 A Coruña)
Para realizar a súa inscrición na Xornada Técnica sobre os Recursos Fitoxenéticos conservados no CIAM que organiza o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo en colaboración coa Fundación Juana de Vega, é necesario descargar, cubrir e asinar o seguinte formulario normalizado:
DESCARGAR FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
Una vez cuberto e asinado o formulario debe ser enviado por email a info@juanadevega.org
Debido ás limitacións de aforo polas restriccións da Covid 19, habilitarase a posibilidade de seguir a xornada online vía webex, para o que deberá indicarse no mail se asistiran de forma presencial ou online.
Aqueles participantes que teñan elixido a modalidade on-line recibirán un email co enlace para seguir a xornada.
XORNADA REALIZADA NO MARCO DO PLAN DE TRANSFERENCIA PARA O APOIO ÁS ACTIVIDADES DE DEMOSTRACIÓN E DE INFORMACIÓN AO AGRO GALEGO 2020, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.