La calidad es una de las herramientas más eficaces que tienen los agricultores europeos para hacer frente a la creciente competencia de los países emergentes y las grandes marcas.
A calidade é unha das ferramentas máis eficaces coa que contan os agricultores europeos para afrontar a competencia cada vez maior dos países emerxentes e das grandes marcas. As últimas crises agroalimentarias, xunto co maior poder adquisitivo da poboación, fixeron que os consumidores concederan unha importancia crecente á calidade dos alimentos, cunha demanda en aumento de produtos alimentarios de orixe xeográfica específica e certificada.
Ligados a estas variables xeográficas aparecen os alimentos de calidade diferenciada, entendidos como tales: "produtos protexidos pola normativa comunitaria que garante o cumprimento de requisitos superiores aos requiridos para outros produtos".
Estes produtos de calidade diferenciada promoven a diversificación da produción agrícola, para lograr un mellor equilibrio no mercado entre a oferta e a demanda, contribuír á mellora dos ingresos dos agricultores e ao asentamento da poboación rural nesas zonas.
No ano 2021 prevese a actualización da Lei de Calidade Alimentaria que actualizará a normativa vixente do ano 2005, e na que, entre outros aspectos, se pretende potenciar as figuras das D.O.P. e I.X.P.
Os centros de investigación galegos I+D+i foron, en moitos casos, participes nos procesos de creación e consolidación de moitas das 36 marcas de calidade diferenciada existentes na actualidade na nosa comunidade, existindo en moitos casos unha relación de longo percorrido na que os centros, a traveso de proxectos de investigación e de transferencia de tecnoloxía deron resposta aos retos e demandas das marcas de calidade.
Neste contexto, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a Fundación Juana de Vega organizan o vindeiro 22 de outubro, unha xornada de transferencia, realizada no marco do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Nesta xornada amosaranse algúns dos proxectos vinculados ao desenvolvemento das DOP e IXG Galegas nos que participa o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e outros centros dependente da AGACAL.
A presentación de resultados e liñas de traballo, enmárcase cunha mesa redonda na que representantes dalgunhas das DOP e IXP de maior traxectoria en Galicia expliquen a súa experiencia en relación á transferencia de coñecemento e expoñan as necesidades de I+D+i non cubertas.
A xornada vai dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores relacionados coa agricultura, gandeiría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.
Venres 22 de outubro de 2021
Hora | Contido | Relator/a |
9:00—9:30 | Recepción dos asistentes e entrega de materiais |
|
9:30-9:50 | Presentación das xornadas
| Director da AGACAL Director do CIAM Julio López Díaz. CIAM Director de la Fundación Juana de Vega |
9:50-10:20 | A calidade diferenciada como valor para conquistar os mercados internacionais: estratexia e programas de apoio. | María Naranjo Crespo. Directora de Industrias Alimentarias ICEX |
10:20-10:40 | Pementos galegos amparados polas DOP e IXP | Alfredo Taboada Arias. Investigador CIAM |
10:40-11:00 | Recuperación de trigos autóctonos para a “IXP Pan Galego” | Luis Urquijo Zamora. Investigador CIAM |
11:00-11:20 | Estudios de valoración do Vacún Maior para a produción de carne de calidade como base da creación da IXP Vaca Galega e Boi Galego. | Teresa Moreno López. Investigadora CIAM |
11:20-11:30 | Preguntas bloque 1 |
|
11:30-12:00 | Pausa- café |
|
12:00-12:20 | O material vexetal na produción de castaña | Josefa Fernández López. Coordinadora dos proxectos de castiñeiro no CIF Lourizán. |
12:20-12:40 | Implicacións da EVEGA coa produción vitivinícola de calidade diferenciada | Emilia Díaz Losada. EVEGA |
12:40-12:50 | Preguntas bloque 2 |
|
12:50-13:50 | Mesa redonda con representantes de diferentes marcas de calidade de Galicia (Consellos Reguladores) e produtores amparados. | Moderador: Cesar Resch. CIAM |
13:50-14:00 | Preguntas |
|
14:00 | Fin da xornada |
|
Salón de actos do CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo).
Estrada Betanzos- Mesón do Vento, km7; Abegondo (15318 A Coruña)
Para inscribirse de balde á XORNADA TÉCNICA: PASADO, PRESENTE E FUTURO DAS MARCAS DE CALIDADE DIFERENCIADA DE GALICIA. RELACIÓN CO SISTEMA GALEGO DE I+D+i organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo en colaboración coa Fundación Juana de Vega, é necesario descargar, cumprimentar e asinar o seguinte formulario estándar:
DESCARGAR FORMULARIO DE REXISTRO OPEN OFFICE
DESCARGAR FORMULARIO DE REXISTRO PDF
Unha vez completado e asinado, debe enviarse por correo electrónico a info@juanadevega.org
Por limitación de capacidade debido á Covid-19 habilitarase a posibilidade de seguir a xornada en streaming, para o cal se deberá indicar no correo electrónico se asistirá presencialmente ou online.
Aqueles participantes na modalidade online recibirán un correo electrónico coa ligazón para seguir a xornada.
XORNADA REALIZADA NO MARCO DO PLAN DE TRANSFERENCIA PARA APOIO A ACTIVIDADES DE DEMOSTRACIÇON E DE INFORMACIÓN AO AGRO GALLEGO 2021, COFINANCIADA POLO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMTO RURAL (FEADER) NO EL MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.