A Misión Biolóxica do CSIC, a Fundación Juana de Vega e a Asociación de Produtores de Aceite de Oliva de Galicia presentan os resultados finais do proxecto de investigación “Caracterización e recuperación de variedades autóctonas de oliveira de Galicia” financiado pola Fundación Juana de Vega entre o anos 2017 e 2021.
A Misión Biolóxica do CSIC, a Fundación Juana de Vega e a Asociación de Produtores de Aceite de Oliva de Galicia presentan os resultados finais do proxecto de investigación “Caracterización e recuperación de variedades autóctonas de oliveira de Galicia” financiado pola Fundación Juana de Vega entre o anos 2017 e 2021.
O proxecto foi desenvolvido polo Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra) do Consello Superior de Investigacións Científicas, dirixido por Carmen Martínez Rodríguez, grupo que desenvolve actividades de I+D no ámbito científico-tecnolóxico da viticultura e dende o ano 2012, tamén en oliveiras galegas.
No marco do proxecto, realizouse unha extensa prospección por todo o territorio de Galicia, marcando e estudando ata a data máis de 167 oliveiras milenarias. O traballo permitÍu a recuperación e descrición de 20 variedades de oliveira galegas únicas no mundo, para 11 das cales iniciouse o proceso de rexistro varietal (Registro internacional de variedades de interés comercial) no Centro de Examen de Variedades de Oliva (CEVO) da Universidade de Córdoba (UCO).
Salón de actos da Misión Biolóxica de Galicia
Pazo de Salcedo. Carballeira, 8. Salcedo. 36143 Pontevedra
24 de marzo de 2022 de 11:00 a 13:00 h.
A conferencia será presencial e tamén se retransmitirá por streaming.
Os inscritos na modalidade online recibirán a ligazón por correo electrónico uns días antes do evento.
11:00-11:45.- Resultados do proxecto e perspectivas de futuro - Dra. Mª del Carmen Martínez Rodríguez
12:00-12:30.- Apoio das técnicas de ADN para la diferenciación de variedades. - Dr. José Luis Santiago Blanco.
12:30-13:00.- Visita ás instalacións da MBG. Invernadoiro e plantación.
Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega: “ Hoxe Galicia celebra a recuperación dás súas oliveiras, abrindo a porta para iniciar a produción de aceite cen por cen galego” M...
Os viveiros A Revolta e Costa de Lóngaras recibiron a licenza para a multiplicación e comercialización das variedades Brava e Mansa A Fundación Juana de Vega financia integramente o proxecto, que...
O CSIC, a través do Grupo de Viticultura da MBG (Pontevedra) e coa colaboración de APAG e ASVINOR, desenvolve a investigación, financiada integramente pola Fundación Juana de Vega, para ampliar e ...
O CSIC, a través do Grupo de Viticultura da MBG (Pontevedra), desenvolverá unha investigación, durante os próximos 4 anos, financiada pola Fundación Juana de Vega, na que colabora a Asociación d...