Provide producers with fit-for-purpose knowledge to develop new sustainable foods chain models improving their revenue and enhancing consumers’ satisfaction
Proporcionar aos produtores o coñecemento adecuado para desenvolver novos modelos de cadeas alimentarias sostibles que melloren os seus ingresos e aumenten a satisfacción dos consumidores
A Fundación Juana de Vega participa xunto con 5 entidades europeas no proxecto FOOD IMPROV´IDERS da convocatoria Erasmus + (KA204 Strategic Partnerships for adult education).
Durante 36 meses os socios traballarán para:
O consorcio do proxecto conta cos seguintes socios de Francia, Hungría, Eslovenia, Italia e Bulgaria:
A Fundación Juana de Vega participará no deseño e avaliación dos escenarios e contidos pedagóxicos, tendo en conta as necesidades dos grupos destinatarios das cadeas curtas de subministración de alimentos en Galicia.
Coordinará o paquete de traballo 4 onde se levará a cabo a avaliación dos produtos pedagóxicos deseñados e probados e dos que se extraerá un conxunto de boas prácticas.
Tamén participará nos paquetes de traballo transversais de xestión e difusión do proxecto, organizando especificamente un evento de difusión local en Galicia (evento multiplicador).
O proxecto desenvolverase entre o 1 de setembro de 2020 e o 30 de agosto de 2023 e ten un orzamento total de 382.730,00 €.