O programa formativo pon a disposición de todos os interesados, de forma aberta e gratuíta, os materiais en liña desenvolvidos no proxecto Erasmus + Foodimprov'iders complementados cunha oferta de conferencias web breves e un obradoiro presencial no mes de maio de 2023.
No marco do proxecto Erasmus + "FOODIMPROV'IDERS" no que a Fundación Juana de Vega participa con outros 5 socios de Francia, Italia, Hungría, Eslovenia e Bulgaria, elaborouse o curso modular en liña "Canles curtas de comercialización no sector agroalimentario"
Este ano abrimos a inscrición definitiva aos módulos en liña de xeito gratuíto para todas as persoas interesadas.
A oferta online complétase cun obradoiro de emprendemento e un programa de conferencias web curtas entre os meses de febreiro e xuño.
Inscrición gratuíta aberta de forma continua para módulos en liña e sesións de webconference.
Acceso gratuíto aos cursos da plataforma FOODIMPROV'IDERS, previa inscrición a través da web da Fundación Juana de Vega.
Para solicitar o certificado de aproveitamento do módulo é necesario realizar a proba de coñecementos e completar a enquisa de satisfacción que se atopa ao final de cada módulo formativo.
É posible obter un diploma xeral de aproveitamento se se completan os 8 módulos en liña e se acredita a asistencia a 4 conferencias web.
Obradoiro para emprendedores do ámbito agroalimentario no que, mediante a metodoloxía interactiva LEGO® SERIOUS PLAY®, poden identificar e afondar na situación actual da empresa/negocio/proxecto e visibilizar o seu estado nun horizonte temporal de 3 anos, definindo unha primeira folla de ruta para axudarlles a pasar do estado inicial A ao estado desexado B.
Terán preferencia os estudantes que teñan superado con éxito polo menos 3 módulos en liña.
Píldoras formativas complementarias aos módulos en liña en formato de conferencia web síncrona de 45 min de duración.
O acceso ás conferencias require inscrición previa e pódese realizar dende a páxina da Fundación Juana de Vega.
Para recibir a ligazón á sesión é necesario estar inscrito nalgún dos módulos en liña que se ofrecen na plataforma.
A grella de conferencias web ampliarase nos próximos meses, pero actualmente ten as seguintes sesións confirmadas:
Mércores 22 de febreiro, 15:30 h |
Martes 7 de marzo de, 10:00h |
Mércores 22 de marzo, 15:30 h |
Luns 10 de abril, 10:00h |
Mércores 12 de abril, 15:30 h |
Martes 18 de abril de, 10:00h |
Mércores 26 de abril, 15:30 h |
Xoves 4 de maio, 10:00-13:00 h |
Mércores 10 de maio, 15:30 h |
Mércores 24 de maio, 15:30 h |
Mércores 7 de xuño, 15:30 h |
Mércores 21 de xuño, 15:30 h |