A Fundación Juana de Vega impulsa e financia un proxecto de investigación que desenvolverá o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, da Xunta de Galicia, para a mellora xenética do carballo galego.
O proxecto nace cunha vertente científico - técnica, centrada na recuperación e na mellora da especie, pero tamén cun obxectivo social como é a promoción do uso do carballo de Galicia, unha árbore que con frecuencia estaba sendo substituída por carballos foráneos ante a falta de planta certificada de Galicia.
Recolleranse 24.000 landras en rodais selectos de Quercus robur para a súa posterior xerminación e cultivo en polo menos dous viveiros forestais de Galicia asociados a VIFOGA (Asociación de Viveiros Forestais de Galicia). As landras cultivaranse nestes viveiros durante dous anos, nos que se valorarán os novos carballos para analizar o seu comportamento e proceder a unha segunda selección.
Tras esta selección, os novos carballos implantaranse en catro leiras de titularidade pública dunha hectárea cada unha. Para iso elixiranse dous terreos públicos e/ou masas comúns na Galicia oriental e outros dous na parte atlántica. Os carballos distribuiranse cunha alta densidade de plantación, dunhas 2.500 plantas por hectárea, o que obrigará ás árbores a competir por luz e nutrientes, de forma que co paso dos anos se poida facer unha terceira selección dos exemplares que mellor se comporten en campo, que quedarán á marxe das claras. Estes exemplares formarán parte do catro rodais selectos mellorados de carballo de Galicia como fonte de semente de calidade para a produción de plantas de viveiro e a súa posterior plantación forestal.
As institucións que reciben as árbores son as comunidades de montes veciñais de Teis e de Monte Xalo, a Sociedade Galega de Historia Natural, a Fundación Eduardo Pondal, a Fundación Fragas do Man...
A conselleira Ángeles Vázquez participou esta mañá no concello de Trasmiras na plantación de 1.000 carballos, no marco dun convenio de colaboración coa Fundación Juana de Vega O proxecto, fina...