Investigación

Impacto económico e social da enerxía eólica no mundo rural gallego

A Fundación Juana de Vega financia unha investigación para analizar o impacto económico e social da enerxía eólica no rural galego.

O principal obxectivo deste proxecto de investigación é analizar o impacto económico e social da enerxía eólica no mundo rural galego. Para isto, crearase unha base de datos que recolla os principais resultados sociais e económicos da instalación de parques eólicos no rural galego.

Este obxectivo xeral disgregarase nos seguintes subobxectivos:

  • Estimar as rendas que permanecen no mundo rural pola instalación de parques eólicos.
  • Estimar os beneficios sociais (emprego, transferencias, convenios cos Concellos...) que obteñen os axentes rurais pola instalación de parques eólicos.
  • Describir as iniciativas innovadoras, xa sexan produtivas ou non produtivas, que os propietarios dos montes puxeron en marcha no medio rural como consecuencia da instalación de parques eólicos (por exemplo, inversións en aproveitamentos gandeiros, en plantacións, iniciativas de turismo rural.....).

O equipo de investigación do proxecto, está dirixido polo Doutor Xavier Simón Fernández, Profesor Titular da Universidade de Vigo, pertencente a o Departamento de Economía Aplicada. Tamén participa a doutora María Montero Muñoz, Profesora Titular da Universidade de Vigo pertencente ao Departamento de Fundamentos de Análise Económico.


Novas relacionadas

A Fundación Juana de Vega organiza unha xornada para informar aos propietarios de montes sobre aspectos a ter en conta nas negociacións coas empresas eólicas.

A entidade editou unha guía na que figuran consellos para reducir a asimetría de información entre as partes negociadoras, que prexudica ao eslavón máis débil, os propietarios de montes. A xorn...

Só o 1 por cento da facturación dos parques eólicos reverte actualmente no rural galego

A Fundación Juana de Vega e a Universidade de Vigo editan unha guía para asesorar aos propietarios de montes, que son o elo máis feble na negociación coas grandes empresas eólicas. Este manual Ã...

Aconsellan aos donos de chan eólico que «é mellor un mal pacto que unha boa expropiación»

Fortalecer a posición do máis débil. Ese é o principal obxectivo dos autores da Guía para vos propietarios de terreos eólicos publicada pola Fundación Juana de Vega e a Universidade de Vigo. «...

Unha investigación da Universidade de Vigo, financiada pola Fundación Juana de Vega, analizará o impacto económico e social da enerxía eólica no rural galego.

A investigación dotará de maior transparencia o proceso de negociación entre as empresas eólicas e os propietarios dos montes....


Publicacións relacionadas

Guia para os propietarios de terreos eólicos,

Esta Guía pretende servir de apoio aos propietarios de terreos eólicos para mellorar os resultados dos procesos de negociación coas empresas promotoras de parques eólicos....

Comentarios