Investigación

Grupos Operativos

GRUPO OPERATIVO: DIXITALIZACIÓN DA CADEA DE VALOR DA IXP TERNERA GALLEGA

Desenvolvemento de solucións prácticas e innovadoras que respondan ás principais barreiras vinculadas á dixitalización do sector agroalimentario e, en particular, da cadea de valor da IXP Ternera Gallega para fomentar a competitividade, a produtividade e a viabilidade do sector. A actividade central é o desenvolvemento dunha plataforma que integre distintas fontes de datos relevantes para os axentes da cadea de valor da IXP Ternera Gallega nun único aplicativo, fomentando a interoperabilidade entre estas fontes de datos e permitindo a explotación dos mesmos.

Proxecto dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.


TERRACTIVA: GRUPO OPERATIVO DE APOIO A NOVOS ENTRANTES NA AGROECOLOXÍA

Mellora das capacidades e dos recursos para apoiar no proceso de incorporación a persoas que se instalan na agricultura por primeira vez e que proceden de fóra do sector (novos entrantes), poñendo un énfase especial en modelos agroecolóxicos e producións con alto potencial de crecemento no sector agrario galego.

Proxecto dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.


Comentarios