Investigación

Experiencia sobre materia seca en kiwi

A Fundación Juana de Vega impulsa un proxecto de investigación para a mellora da calidade do kiwi producido en Galicia.

A Fundación Juana de Vega impulsa un proxecto de investigación para a mellora da calidade do kiwi producido en Galicia, que na actualidade conta con unhas 500 hectáreas dedicadas ao cultivo, que se sitúan principalmente na provincia de Pontevedra e representa aproximadamente o 65% da produción de España.

As especiais condicións climáticas de Galicia unido ás favorables perspectivas de consumo, permiten intuír un forte incremento da produción, o que fai necesario unha aposta decidida pola calidade que lle permita concorrer en condicións competitivas no mercado nacional e internacional con froito neocelandés e italiano, tradicionalmente de tamaño máis homoxéneo e de mellor calidade.

Neste contexto, o obxectivo que se persegue con este proxecto de investigación, é cuantificar os efectos que a modificación de tres factores (a exposición do froito, o método de fertilización e o sistema de condución do kiwi), teñen sobre diversas propiedades cualitativas do produto (materia seca, amidón e acidez), para, de este modo, establecer as condicións óptimas de manexo e produción.

O obxectivo final é a obtención dun froito de calidade inmellorable que poida ser identificado polo consumidor e primado polo mercado.

No proxecto, que ten tres anos de duración, participa a Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Deputación de Pontevedra, entidade que ten unha larga traxectoria no ámbito da investigación agraria en Galicia e a empresa The Trading House Amodia, S.L.


Novas relacionadas

A investigación impulsada pola Fundación Juana de Vega permitirá aos produtores galegos de kiwi competir ao máis alto nivel de calidade cos líderes do mercado internacional

O estudo, presentado hoxe na Deputación de Pontevedra, foi desenvolvido na Estación de Fitopatolóxica de Areeiro, dependente do organismo provincial, polas investigadoras Carmen Salinero e María J...

Proxecto de investigación sobre diversas propiedades do kiwi

A Fundación Juana de Vega, a Deputación de Pontevedra e a empresa Trading House Amodia investigarán as propiedades do kiwi para mellorar a súa calidade e competitividade...


Publicacións relacionadas

Experiencia sobre materia seca en kiwi

Durante os anos 2007, 2008 e 2009 a Fundación Juana de Veiga (A Coruña), a empresa The Trading House Amodia s.l. (Pontevedra) e a deputación de Pontevedra, a través da estación Fitopatolóxica do...

Comentarios