Curso semipresencial gratuíto cun itinerario totalmente en liña e outro mixto que combina contidos en liña con sesións presenciais complementarias.
No marco do proxecto Erasmus + "FOODIMPROV´IDERS" no que participa a Fundación Juana de Vega con outros 4 socios de Francia, Italia, Hungría, Eslovenia e Bulgaria, deseñouse o curso modular en formato b-learning "Canles curtas de comercialización no sector agroalimentario". "
Neste segundo ano do proxecto buscamos estudantes para validar os contidos en dúas modalidades/itinerarios diferentes:
35 horas de formación en liña (8 módulos) e 9 horas de formación presencial (3 sesións de 3 horas cada unha na Fundación Juana de Vega) empregando metodoloxía "Design thinking".
MÓDULOS EN LIÑA | SESIÓNS PRESENCIAIS |
Modulo 1.- Presentación do proxecto.
| Sesión 1.- Finanzas e custos do branding.
|
Para aquelas persoas só interesadas na modalidade a distancia. Requírese a realización dun mínimo de 3 módulos en liña para escoller entre os módulos do 1 ao 8.
Duración estimada dos módulos en liña:
Módulo 1: 1 hora
Módulos 2 e 7: 7 horas
Módulos 3, 4, 5, 6 e 8: 4 horas
Ata o 7 de setembro. Inscrición
8 de setembro-31 de outubro. Formación en liña. Acceso gratuíto a 35 horas de formación.
15 de setembro - 31 de outubro. Sesións presenciais e conferencias web segundo calendario:
Sesión 1.- Finanzas e custos do branding. 15 de setembro. 10:00-13:00
Sesión 2.- Marketing mix: Promoción. 22 de setembro. 10:00-13:00
Sesión 3.- Marketing mix: Produto. 29 de setembro. 10:00-13:00
Sesión 4.- Marketing mix: Distribución. 4 de outubro. 10:00-13:00
Sesión 5.- Visita técnica a empresas locais: diversificación da produción e cadeas curtas. 27 de outubro
Xornada 1.- Market place. 14 de outubro. 10:00 h.
Xornada 2.- Agrupacións de consumidores. 17 de outubro. 10:00 h.
Xornada 3.- Comedores escolares. 21 de outubro. 10:00 h.
Xornada 4.- Asociación de produtores. 24 de outubro. 10:00 h.
Á finalización dos módulos obrigatorios de cada itinerario (incluída a superación do exame tipo test ao final de cada módulo en liña e a realización da enquisa de avaliación da experiencia formativa) dá dereito a obter un certificado de superación do curso.
As persoas interesadas en calquera das dúas modalidades poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario: