Investigación

A Fundación ten entre os seus obxectivos o apoio á investigación e innovación no medio rural galego co obxectivo de contribuír á mellora da competitividade do sector agroalimentario e forestal de Galicia

Programa de formación semipresencial sobre canles curtas de comercialización de alimentos 2023

O programa formativo pon a disposición de todos os interesados, de forma aberta e gratuíta, os materiais en liña desenvolvidos no proxecto Erasmus + Foodimprov'iders complementados cunha oferta de conferencias web breves e un obradoiro presencial no mes de maio de 2023.

Proxecto: Indicacións xeográficas do cacao en Mesoamérica

A Fundación Juana de Vega participa na acción de Cooperación Técnica "Indicacións xeográficas para o cacao mesoamericano" financiada por Fontagro.

Curso Semipresencial “Canles curtas de comercializacion no sector agroalimentario”

Curso semipresencial gratuíto cun itinerario totalmente en liña e outro mixto que combina contidos en liña con sesións presenciais complementarias.