No ano 2022 convócase o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS EN ESPAZOS EXTERIORES, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións realizadas en espazos exteriores que contribúan a mellorar a calidade da paisaxe.
Poden ser candidatos ao premio: autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza pública ou privada.
Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que tiveran finalizado entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31de decembro de 2021.
O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño de 2022 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.
O xurado para esta convocatoria estará formado por:
- Pere Sala i Marti. Licenciado en Ciencias Ambientais. Director do Observatorio da Paisaxe de Cataluña. Asesor do Consello de Europa e profesor asociado da Universidade Pompeu Fabra.
- Juan Manuel Palerm Salazar, catedrático da Escola de Arquitectura das Palmas de Gran Canaria. Presidente de UNISCAPE.
- Covadonga Carrasco López, arquitecta en CREUS e CARRASCO, con varios galardóns entre eles: tres Premios Juana de Vega de vivendas unifamiliares e Premio na Bienal de Venecia pola Remodelación do Porto de Malpica.
- Mª Isabel Iglesias Díaz, doutora en Ciencias Biolóxicas, Profesora Titular no Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da USC. Coordinadora do Grado en Paisaxe.
- Itxaro Lataza Zaballos. Licenciada en Xeografía e doutora pola Universidade de Aix-Marseille. Profesora titular na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UPV/EHU.
- José Luis Romeu. Enxeñeiro Agrónomo e paisaxista. Presidente da Asociación Española de Paisaxistas.
- Enrique Sáez Ponte, Presidente da Fundación Juana de Vega.
- Pedro Calaza Martínez, doutor enxeñeiro agrónomo e doutor en Arquitectura da Paisaxe, Director da Escola Galega da Paisaxe, e Decano do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos.
O premio terá unha dotación económica de 6.000,00 €. Ademais, os premiados recibirán un diploma acreditativo. A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500,00 €.
Consulta toda a información nas bases e a convocatoria 2022.
Convocatorias anteriores