Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe

Convocatoria 2021
Vivendas unifamiliares

Premio 2018: Casa Casa C- Cee. Arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco

Esta categoría ten por obxecto recoñecer a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen en Galicia.

Poden ser candidatos ao premio: o/s autor/es do proxecto.

Só se admitirán proxectos realizados en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2020.

O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 21 de xuño de 2021 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

O xurado estará composto por:

  • Gonzalo Byrne, arquitecto.
  • Teresa Táboas, arquitecta.
  • Rosario Sarmiento, licenciada en Xeografía e Historia, xestora cultural e experta en coleccionismo.
  • Ginés Garrido Colmenero, arquitecto socio de Burgos & Garrido.
  • Elena Ampudia Aixendri, Decana do COAG.
  • Plácido Lizancos Mora, Director da E.T.S de Arquitectura da UDC.
  • Pedro Calaza Martínez, director da Escola Galega da Paisaxe.
  • Enrique Saéz Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega.

O premio terá unha dotación económica de 6.000,00 €. Ademais, os premiados recibirán un diploma acreditativo.

A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500,00 €.

Consulta toda a información nas bases e a convocatoria 2021.

Convocatorias anteriores