Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe

Convocatoria 2020
Intervencións privadas no patrimonio construído e na súa contorna

No ano 2020 convócase o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS PRIVADAS NO PATRIMONIO CONSTRUÍDO E A SÚA CONTORNA,  que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións que recuperen ou patrimonio construído e poñan en valor a súa contorna.

Poden ser candidatos ao premio: autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza privada.

Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2019.

O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 17 de xullo de 2020 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

O xurado estará composto por:

  • Federico López Silvestre, Profesor de Estética e Historia do Arte na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de varios libros sobre paisaxe. Co-dirixe a colección «Paisaje y teoría» da editorial Biblioteca Nueva (Madrid).
  • Pedro Calaza Martínez, doutor Enxeñeiro Agrónomo e doutor en Arquitectura da Paisaxe. Decano do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos e membro do Comité de Expertos da Escola Galega de Paisaxe Juana de Vega.
  • Covadonga Carrasco López, Arquitecta en CREUS e CARRASCO, con varios galardóns entre eles: tres Premios Juana de Vega de Vivendas Unifamiliares e Premio na Bienal de Venecia pola Remodelación do Porto de Malpica.
  • Mª Isabel Iglesias Díaz, doutora en Ciencias Biolóxicas, Profesora Titular no Departamente de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da USC. Coordinadora do Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega e do Grado en Paisaxe.
  • Inés Santé Riveira, doutora Enxeñeira Agrónoma, Profesora Titular no Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC. Exdirectora do Instituto de Estudios del Territorio da Xunta de Galicia..
  • Isabel Aguirre de Urcola, Arquitecta e directora da Escola Galega da Paisaxe.
  • Enrique Saéz Ponte, Presidente da Fundación Juana de Vega.

O premio terá unha dotación económica de 6.000,00 €. Ademais, os premiados recibirán un diploma acreditativo.

A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500,00 €.

Consulta toda a información nas bases e a convocatoria 2020.

Convocatoria 2020