Escola Galega da Paisaxe

Guía de Boas prácticas en intervencións en espazos públicos

A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, territorio e vivenda traballou.

Os espazos públicos foron lugares centrais no desenvolvemento dos asentamentos humanos. Estes espazos son a día de hoxe moi importantes como indicador da calidade de vida. Con todas as súas dimensións sociais, económicas e culturais son elementos de enorme importancia na identificación da cidadanía coas súas cidades, vilas e aldeas e marcan o seu carácter e imaxe como elementos distintivos destas.

A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, territorio e vivenda traballou durante os anos 2018 e 2019 na elaboración dunha Guía de Boas prácticas en Intervencións es Espazos Públicos.

Trátase do oitavo documento que publica a Consellería de Medio Ambiente desde o ano 2012 no marco da Colección Paisaxe Galega como unha ferramenta máis de carácter didáctico e divulgativo co obxectivo de mellorar a calidade deste tipo de elementos e ofrecer unha serie de pautas de referencia á hora de planificar novas intervencións sobre o territorio.

Os obxectivos da guía son por unha banda dar visibilidade á calidade dos espazos públicos galegos, e proporcionar criterios para que todas as intervencións resulten en espazos integrados, eficientes, inclusivos e responsables, tendo en conta as contornas urbanas, rurais e naturais, e respectando a diversidade paisaxística de Galicia que vai máis ala destas contornas.

A guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos pretende servir de referente e marcar pautas para as intervencións nos espazos públicos para mellorar a calidade urbanística e territorial de Galicia e, polo tanto, da súa paisaxe.

A estrutura da guía organízase en 5 bloques de consulta:

  1. Introdución e metodoloxía, que recolle outros estudos de referencia ao respecto do espazo público.
  2. Criterios xerais de deseño, para garantir a integración paisaxística de calquera intervención, incluíndo aspectos de paisaxe cultural, integración e cohesión social, factores bioclimáticos, de biofilia e servizos ecosistémicos, ou de economía verde e circular.
  3. Criterios técnicos: materiais e detalles, onde se afonda sobre os elementos construtivos que conforman cada espazo, como os pavimentos, muros, mobiliario, vexetación, ou instalacións de drenaxe e iluminación.
  4. Criterios específicos por tipoloxía, para aportar solucións concretas a casos recorrentes que afectan aos nosos espazos públicos cotiáns.
  5. Espazos públicos de referencia, un segundo tomo cunha antoloxía de máis de 50 espazos distribuídos por todo o territorio, para coñecer os espazos públicos galegos e recoñecer as boas prácticas de intervención.

Descargar: Guía de Boas prácticas en intervencións en espazos públicos


Novas relacionadas

La Escuela Gallega del Paisaje Juana de Vega y el Instituto de Estudios del territorio presentan la Guía de intervenciones en espacios públicos para mejorar la calidad de estos elementos y fijar pautas de actuación

Esta mañá foi presentada a Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos, elaborada pola Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega para o Colección Paisaxe Galega do Instituto de...


Comentarios