Outras

Elaboración Sostible de Tepes Para Xardinería, Paisaxismo e Restauración Ambiental

O proxecto ten por obxectivos a elaboración de tepes para tres usos distintos: cubertas verdes extensivas, taludes e xardíns tipo macizo de alto valor engadido. 

A Fundación Juana de Vega participa como entidade colaboradora no proxecto piloto para a elaboración sostible de tepes para xardinería, paisaxismo e restauración ambiental, financiado polo FEADER no marco das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal 2019.

Entidade beneficiaria: A Man de Prado S.L.U.

Entidades colaboradoras: Arborejardin S.L.U.; Universidade de Santiago de Compostela, Fundación Juana de Vega e Costiña Orgánica S.L.

Obxectivo do proxecto

O proxecto ten por obxectivos a elaboración de tepes para tres usos distintos: cubertas verdes extensivas, taludes e xardíns tipo macizo de alto valor engadido. 

Na actualidade é preciso a execución de obras de xardinería e paisaxe utilizando vexetación da mellor calidade posible para ser máis competitivos. Dentro dos parámetros de esa calidade destacan o seu tamaño e a optimización das súas características ornamentais.  A posibilidade de dispor de estruturas como tepes, xa desenvolvidas, con planta crecida e no punto óptimo para a instalación dará resposta á demanda e aumentará as oportunidades de éxito deste tipo de obras, reducindo,  ademais, os custes de mantemento.

O proxecto terá beneficios de tipo económico pola mellora da competitividade empresarial. Permitirá poñer no mercado produtos pouco desenvolvidos, impulsando ó sector viveirístico galego. Para as empresas de xardinería supón a posibilidade de entregar obras de máis calidade, reducir tempos de instalación e os custes de mantemento. Tamén implicará beneficios ambientais a varios niveis: redución das plantas adventicias e a necesidade de uso de herbicidas nas obras de xardinería; uso de substratos de natureza renovable e sostible no canto de turba; redución da perda de solo en taludes revexetados, mellora da eficiencia enerxética de edificios nos que se instalan cubertas axardinadas,...

Duración proxecto

Data: 06/03/2019 - 30/09/2022

Para o seu desenvolvemento, fíxanse o seguintes fitos:

Fito 1: Escolla de plantas para tepes adaptadas a diferentes contornas.

Fito 2: Avaliación e selección das plantas.

Fito 3: Estudo e elaboración do medio de enraizamento/soporte para os distintos tepes.

Fito 4: Estudo da produción de cada tipo de tepe.

Fito 5: Avaliación do comportamento dos tepes en obras reais de xardinería.

Fito 6: Estudo conclusivo da produción e utilización dos tepes e difusión de resultados. Estudo de mercado e inclusión do formato tepe na norma de calidade de planta ornamental de Galicia.

Metodoloxía

Utilízanse diferentes metoloxías aínda que o máis interesante e vistoso de contar é a avaliación do crecemento da masa foliar mediante análise de imaxe para determinar a cobertura foliar dos tepes.

Análise da cobertura das diferentes especies mediante análise de imaxe.

Resultados preliminares

Nos invernadoiros da USC desenvolveuse unha estrutura de tepe que arroxa moi bos resultados para a propagación por estaquillado de moitas especies estudiadas. O enraizado das plantas seleccionadas na estrutura é adecuado, conseguindo ademais tepes perfectamente transportables sen risco de perda de planta nin de substrato. Esta estrutura é multicapa e consiste de abaixo a arriba nunha manta de fibra de coco, nunha capa de substrato a base de materiais sostibles de compost de codia de piñeiro, humus de codia e fibras de madeira e estaquiñas de diferentes especies de plantas adaptadas aos 3 usos buscados: cubertas verdes axardinadas, taludes e xardíns convencionais. Polo momento seleccionáronse un total de 15 especies de plantas tanto comerciais como recollidas da contorna, que enraízan adecuadamente a través de multiplicación por estaquillado sen necesidade de empregar hormonas, e que proporcionan coberturas rápidas para a formación óptima de tepe. Algunhas destas especies son do xénero Sedum, Lisimaquia, Soleirolia, Heder, Coleus, Delosperma e outras aromáticas como menta, ourego ou tomiño.

Durante o 2020 estase a avaliar o comportamento dalgunhas destas especies en mestura e tamén a formación de tepe en condicións reais de produción en viveiro de produción de plantas.

.

Ensaios de formación de estrutura de tepe nos invernadoiros da USC
Ensaio de avaliación de diferentes mesturas de substratos de cultivo para estaquillado e sementeira directa no invernadoiro da USC.

 

Avaliación do crecemento de diferentes especies e capacidade de formación de tepe. Invernadoiro USC

 

Formación de tepe polivarietal con diferentes especies de Sedum

 

Posta a punto do ensaio de formación de tepe no viveiro de produción de planta de A Man de Prado SLU.

 

Evolución do crecemento foliar  e da porcentaxe de cobertura das diferentes especies ensaiadas para produción de tepe no viveiro de A Man de Prado SLU.


Comentarios