9 e 10 de setembro de 2022
LUGAR DE REALIZACIÓN:
Parador de Verin
Unha paisaxe é unha realidade física que se percibe e a percepción depende da mirada do observador. Unha mirada que está condicionada ou sesgada pola súa cultura, formación e ambiente. Debemos valorar a paisaxe só desde o punto de vista estético ou debemos entender outros beneficios da mesma?
Esta é a pregunta básica que imos analizar, propoñendo para iso un obradoiro que afonde no coñecemento e posta en valor do territorio e que, ao mesmo tempo, permita avanzar no estudo desta cuestión.
Segundo o Convenio Europeo da Paisaxe (CEP), unha paisaxe é “unha compoñente esencial do medio no que viven as poboacións, expresión da diversidade do seu patrimonio común cultural, ecolóxico, social e económico e, ao mesmo tempo, fundamento da súa identidade". (Consello de Europa, 2000).
Pero a parte máis ecolóxica poucas veces se entende e se valora. O propio CEP destaca que as paisaxes non só inclúen aquelas de gran valor estético, senón tamén as cotiás, as de proximidade, nas que viven e desenvolven as súas actividades a maior parte da xente, e que en moitas ocasións son pouco valoradas.
En particular, preténdese abordar as cuestións:
Para dar resposta a estas preguntas abordaranse aspectos conceptuais e contextuais, propoñendo reflexións para unha mellor valoración e, pola súa gran importancia, debatiranse as relacións e as achegas da natureza.
O Camiño de Santiago, como itinerario cultural de referencia, resulta moi relevante dende o punto de vista da percepción, xa que nel conflúen múltiples miradas que, de xeito pausado, percorren unha gran diversidade de paisaxes dentro do noso territorio. A proxección de Galicia de cara ao exterior faise en termos de percepción da paisaxe, sendo esta o atributo que máis chama a atención dos peregrinos desde un punto de vista positivo, nun 66,52 %, segundo o Plan estratéxico de Xacobeo 2021-22. O interese dun itinerario peonil destas características como eixe vertebrador das xornadas reside en tres cuestións:
O percorrido da Vía da Prata e a análise das distintas percepcións dos usuarios nas diferentes contornas e tipoloxías de paisaxe identificadas serán o fío condutor destas xornadas, resaltando a importancia do Camiño de Santiago como itinerario cultural tanto para peregrinos e visitantes como para a poboación local.
O obxecto das xornadas é analizar a percepción das paisaxes da Vía da Prata ao seu paso por Monterrei por parte de usuarios con perfiles diversos, e establecer un marco de intercambio e diálogo que permita ampliar o coñecemento sobre os valores da paisaxe. Proponse un estudo comparado da percepción antes e despois do transcurso das xornadas, co obxecto de avaliar se o coñecemento destes valores, dende unha óptica tanto cultural como eco-funcional, poden modificar o xeito en que percibimos a paisaxe.
Os obxectivos das xornadas son os seguintes:
O formato das xornadas será unha combinación de intervencións de expertos en distintas materias, visitas de campo ao longo da Vía da Prata establecendo paradas con formato “aulas na paisaxe”, conducidas por expertos locais en diversos eidos que aporten coñecemento sobre os valores do ámbito de estudo, e obradoiros de debate en grupo nos que os participantes poidan chegar a puntos de encontro, co obxecto de realizar propostas. O formato das conferencias combinará presentacións con soporte audiovisual, sesións de debate enfrontando distintas perspectivas sobre o mesmo asunto e obradoiros, nos que se requirirá de forma expresa a participación proactiva do alumnado.
As xornadas serán coordinadas pola experta Esther Valdés, Dra. en arquitectura da paisaxe. Directora do Grao en xestión urbana da Universidad Camilo José Cela. Desenvolveu o seu labor investigadora en materia de paisaxe, percepción en cambio climático.
As xornadas desenvolveranse durante os días 9 e 10 de setembro de 2022, en base ao seguinte programa:
10.00 h – Recepción dos participantes
10.15 h – Presentación das xornadas
11.00 h – Saída de campo. Percorrido pola Vía da Prata, incluíndo as seguintes paradas no camiño tipo “aulas de interpretación da paisaxe”:
14.00 h – Pausa para xantar (pícnic)
* As paisaxes cotiáns – paradas aleatorias de reflexión en grupo.
20.00 h – Fin da xornada
9.00 h – Conferencia “A percepción da paisaxe: entre o coñecemento e a emoción”. Esther Valdés Tejera, Dra. arquitecta da paisaxe. Directora do Grao en xestión urbana da Universidad Camilo José Cela.
10.00 h – Conferencia “Os servizos ecosistémicos como recursos para percibir e valorar a paisaxe”. Pedro Calaza, Enxeñeiro agrónomo e Dr. Arquitecto da paisaxe. Director da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.
11.00 h – Conferencia sobre os valores culturais da paisaxe. Paulo Farinha Marques, Dr. en arquitectura da paisaxe. Profesor da Universidade de Porto. Director do Jardín Botánico da Universidad de Porto.
12.00 h – Obradoiro de traballo en grupos
14.00 h – Pausa para xantar
16.00 h – Obradoiro de traballo en grupos
18.00 h – Presentación de conclusións e clausura.
O taller está aberto á comunidade universitaria, profesionais, axentes locais, peregrinos e, en xeral, a todos aqueles interesados na percepción da paisaxe e os seus valores.
O número de prazas ofertadas para o seminario será de 35, que deberán matricularse mediante el siguiente formulario online.
Modalidade A. Matrícula con hospedaxe en hostal e dietas. 90 € por persoa
Modalidade B. Matrícula con hospedaxe en hostal e dieta. (Para estudantes universitarios). 50 € por persoa.
Modalidade C. Matrícula sen hospedaxe con café e xantar. 20 € por persoa.
Esta fin de semana celebrouse en Verín o seminario internacional para abordar esta temática, nunha iniciativa impulsada pola Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, que forma parte do ...