A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega organiza, co patrocinio do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, organiza o workshop internacional “Parque arqueolóxico do Castro de Elviña”
A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega organiza, co patrocinio do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o workshop internacional “Parque arqueolóxico do Castro de Elviña” no marco das súas actividades co obxectivo de promover o estudo, a investigación, a formación, a difusión e o intercambio de coñecementos, e a sensibilización e concienciación da sociedade en materia de paisaxe.
O obxectivo do Workshop “Parque Arqueolóxico do Castro de Elviña”, que terá lugar na Fundación Juana de Vega do 12 ao 16 de novembro de 2018, supón o estudo integral do Castro de Elviña e da súa contorna co fin de analizar o seu estado actual desde unha óptica múltiple, e facer un diagnóstico xeral incluíndo a súa evolución territorial e produtiva, e a súa conectividade cos asentamentos próximos e coa cidade da Coruña. A elección do Castro de Elviña para este traballo vén determinado pola importancia que representa na historia da cidade e o seu ámbito territorial, sobradamente avalado polos numerosos e importantes achados atopados nas escavacións nel realizadas.
Unha vez establecido un diagnóstico do Castro de Elviña e a súa contorna, preténdense desenvolver distintas propostas encamiñadas á súa mellora integral e ao deseño dun parque arqueolóxico, co fin de potenciar o seu valor patrimonial e paisaxístico e a necesidade da súa integración no territorio como ben cultural fundamental á hora de entender e divulgar os valores históricos e a riqueza da área da Coruña sen esquecer ás persoas que habitan na súa contorna próxima, así como a súa conectividade coa cidade da Coruña.
Para iso, contarase con expertos de diferentes campos técnico-científico, que inclúen a arqueoloxía, a historia, o paleoambiente, a enxeñería, a arquitectura da paisaxe, a botánica e a socioloxía que expoñerán e guiarán aos participantes en aspectos tan variados como a historia do lugar e a súa evolución, a proposta dun plan director, as escavacións realizadas e a realizar, así como os seus valores ambientais e a súa potencialidade cultural, económica, social e paisaxística.
Para o desenvolvemento do workshop contarase con D. Luís Ribeiro da Universidade de Lisboa e Doutor en Arquitectura da Paisaxe pola Universidade de Amherst e experto internacional en proxectos de paisaxe, que dirixirá o taller e a organización dos traballos a desenvolver.
Participarán os expertos Gianfranco Gazzetti, licenciado en literatura antiga e especialista en arqueoloxía pola Universidade de "A Sapienza" de Roma, colaborador co servizo didáctico da Comune dei Roma e da Soprintendenza Archeologica de Roma e da Etruria Meridionale; Paula Ballesteros-Arias, arqueóloga. técnica de investigación do Incipit -CSIC; Matilde González Méndez, arqueóloga experta en Comunicación e Revalorización do Patrimonio; Fidel Méndez Fernández, arqueólogo, director das escavacións do Castro de Elviña; Manuela Costa Casais, xeógrafa do Departamento de Xeografía Física da USC; Inmaculada Romero Buján do Departamento de Botánica da USC e ambientalista; Purificación Soto Arias, arqueóloga, e Nuria Freire arquitecta e máster en Arquitectura da Paisaxe. O workshop será coordinado por el Dr. Agrónomo e arquitecto da paisaxe. Pedro Calaza Martínez.
Este seminario, organizado pola Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega e o Instituto de Estudos do Territorio, está dirixido a todas as persoas interesadas na protección e xestión da paisaxe e o medioambiente na procura dun futuro sostible para o noso patrimonio cultural, dentro da aplicación e desenvolvemento da Estratexia da Infraestrutura Verde da área da Coruña.
Sede da Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende, 92, San Pedro de Nós Oleiros- A Coruña
Luns 12 de novembro de 2018
10:00 | Recepción de participantes |
10:30 | Inauguración |
11:30 | Coffee break |
12:00 | Metodologias de abordagem a locais e sítios de valor histórico e cultural: a recuperação de 3 jardins históricos em Portugal (Jardim de Sant’Ana e Mata do Dr Fraga, nos Açores, e Quinta da Flamenga na Área Metropolitana de Lisboa). |
13:00 | La tecnica edilizia romana nelle proivincie, ceramica romana d'età repubblicana,ceramica romana d'età imperiale. |
14:00 | Xantar |
16:00 | O Plan director do Castro de Elviña do ano 2000. |
17:00 | A paisaxe agraria de Elviña. |
18:00 | Excavando o Castro de Elviña. Resultados e conclusións |
19:00 | A reconstrución paleoambiental en contextos arqueolóxicos. A aportación destes estudos. |
Martes, 13 de novembro de 2018
09:00 | Visita de Campo ao Castro de Elviña acompañados por Fidel Méndez. Arqueólogo director das escavacións do Castro de Elviña. |
12:00 | A paisaxe das lendas nos castros. Proxectar co patrimonio inmaterial. |
12:45 | El estrato vegetal en el paisaje del Castro de Elviña. |
13:15 | Camiño municipal de Feáns ao Castro de Elviña. |
14:00 | Xantar |
16:00 - 18:00 | Traballo por grupos |
18:30 - 20:00 | Conferencia Dr. Gianfranco Gazzetti. Aberta ao público xeral |
Mércores e xoves, 14 e 15 de novembro de 2018
De 9 a 2 e de 16 a 20 h. Traballo en grupo
Venres, 16 de novembro de 2018
09:00 | Presentación de propostas por parte dos grupos. |
12:00 | O Projecto de arquitectura paisagista em locais de elevado valor ambiental e sensibilidade paisagística. O Parque do Barrocal em Castelo Branco, Portugal. |
13:00 | Conclusións |
13:30 | Clausura |
O importe da matrícula é de 100 Euros. A Fundación Juana de Vega becará con matrícula gratuita aos alumnos e/ou egresados do Máster en arquitectura da paisaxe Juana de Vega, aos alumnos do Grado en Paisaxe da USC e a UDC, e aos alumnos do Grado en estudios de arquitectura da UDC.
Inclúe: material docente, desprazamento dende a Fundación ao ámbito de actuación, coffee break e xantares de luns a xoves.
Para formalizar a matrícula, as persoas que estean interesadas deben cubrir o seguinte formulario de matrícula online achegando un CV cunha extensión máxima dun folio:
Pechado o prazo de inscrición
5 de novembro de 2018.
A Fundación Juana de Vega enviará e-mail coa confirmación de admisión no curso, unha vez confirmada a praza, coas indicacións para o pago da matrícula antes do 11 de novembro.
Máis información en info@juanadevega.org ou no teléfono 981.654.637.
O diploma acreditativo so se expedirá cando a asistencia sexa igual ou superior ao 85% do tempo.
Descarga o dossier para maior información
No workshop internacional, que se impartiu a pasada semana na sede da Fundación, tratáronse propostas para a mellora integral e o deseño dun parque arqueolóxico que potencie o valor patrimonial ...