Cursos e xornadas

CAMBIO DE DATA - Workshop internacional de paisaxe: Patrimonio Rural e Paisaxe. Castro de Doade (Lalín)

A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega en colaboración do museo etnográfico Casa do Patrón, organiza o seminario internacional de paisaxe que leva por título Patrimonio rural e Paisaxe.

Introducion

A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega en colaboración do museo etnográfico Casa do Patrón, organiza o seminario internacional de paisaxe que leva por título Patrimonio rural e Paisaxe.

O concepto da paisaxe toma grande relevancia dende a aprobación do Convenio Europeo no ano 2000, ao recoñecer nela o seu valor como ben “de interese xeral nos campos cultural, ecolóxico, medioambiental e social, que constitúe un recurso favorable para a actividade  económica”, establecendo por tanto como obxectivo promover a súa protección, ordenación e xestión”, valéndose para iso da identificación do carácter das paisaxes, e da súa dimensión tanto física, como asociada á percepción, á historia e á memoria.

A estrutura do territorio rural representa o marco da organización social e económica en todas as sociedades, e constitúe un dos elementos básicos dunha paisaxe cultural. Nesta paisaxe identifícanse estruturas de épocas pasadas que aínda hoxe persisten en moitos lugares na memoria colectiva local e na toponimia.

O Castro de Doade atópase na parroquia que lle da nome,  pertencente ao concello de Lalín, territorio incluído na grande área paisaxística de Galicia Central, na comarca do Deza, unha comarca que conta cunha paisaxe tradicional agrogandeira ben conservada.

As formas suaves dun relevo de serras e vales fundamentado nunha densa rede hidrográfica, a presenza dun rico mosaico agrogandeiro e forestal, e a conservación da estrutura tradicional do hábitat son os sinais de identidade dunha paisaxe rica, ademais, en patrimonio arqueolóxico e etnográfico.

O castro de Doade é un deses exemplos do patrimonio rural,  un espazo habitacional fortificado, que ocupa case unha hectárea, posiblemente dedicado á obtención de recursos. Puido ter estado habitado ao longo da Idade do Ferro e o período Romano.

O museo etnográfico Casa do Patrón, que acolle este seminario, leva anos traballando pola investigación e difusión deste e outros xacementos existentes na contorna.

A situación na que se encontra o medio rural en Galicia é certamente complexa e está relacionada có peso da actividade agraria e a densidade da poboación, e asociada tamén a factores como o avellentamento da poboación, o illamento respecto ao sistema urbano, os baixos niveis de renda e as deficientes dotacións de equipamentos. 

Unha paisaxe de calidade constitúe un recurso clave para o desenvolvemento rural. A paisaxe rural é un auténtico gancho turístico en rexións europeas. A beleza das paisaxes, a riqueza cultural e a gastronomía son os uns dos principais motivos dos turistas para elixir o seu destino, e ao mesmo tempo xunto có patrimonio asociado configuran a identidade social e territorial.

Neste contexto faise precisa unha reflexión desde o ámbito da paisaxe sobre a súa configuración, reciclaxe e ordenación. O impacto dos novos usos e o importante patrimonio rural xunto coa calidade ambiental do mesmo, fan máis necesaria se cabe esa reflexión.

Obxectivos

O programa ten por obxecto

  • Divulgar este territorio e os seus recursos patrimoniais e naturais;
  • Incorporar a paisaxe e o medio rural como obxectos de investigación;
  • Valorar de que xeito o carácter da paisaxe pode contribuír ao desenvolvemento sostible do territorio.
  • formular propostas para a contorna do castro de Doade que sirvan para a súa posta en valor e a divulgación da cultura e os valores do medio rural.

Programa

MÉRCORES 4 DE MAIO

10:00- Benvida e entrega de documentación

10:30- Apertura: Pedro Calaza. Director da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.

11:30- 14:30 visita ao ámbito con Vanesa Trevín

(arqueóloga directora dos traballos de excavación do Castro de Doade))

14:30- 16:00 Comida

16:00-18:00 Presentación seminario e obxectivos

18:00-20:00 Visita museo Casa do Patrón

 

XOVES 5 DE MAIO

10:00- 11:00 Conferencia Paula Ballesteros

“A paisaxe rural galega. A arqueoloxía e a etnografía como métodos de estudo sobre a súa xénese e transformación no tempo”

12:00- 13:00 Conferencia Rafael Quintiá :

         "O Patrimonio inmaterial e a construción cultural da paisaxe"

13:00-14:30 Traballo en grupos

14:30- 16:00 Comida

16:00- 20:00 Traballo en grupos

 

VENRES 6 DE MAIO

10:00- 11:00 Conferencia Joao Nunes

         “Aproximación ao proxecto na paisaxe”

11:00-14:30 Traballo en grupos

14:30- 16:00 Comida

16:00- 20:00 Traballo en grupos

 

SÁBADO 7 DE MAIO

10:00-12:30 Presentación final das propostas dos grupos

12:30-13:30 Conclusións

13:30-14:00 Clausura

Dirixe

JOAO NUNES

Socio Fundador y Presidente de PROAP, Estudio de Arquitectura de Paisaje conformado por un amplio equipo multidisciplinar de profesionales, con una reconocida experiencia en el ámbito del paisaje, y en su acepción más amplia.

Como Director Internacional es responsable de la dirección estratégica, ejecutiva y táctica de las tres oficinas internacionales: Lisboa (Portugal), Luanda (Angola) y Treviso (Italia). Desarrolla el diseño conceptual y creativo de PROAP y define la orientación estratégica de los procesos de investigación.

Imparte clases en el Instituto Superior de Agronomía de Lisboa desde 1991. Actualmente también imparte clases en el Instituto Universitario de Arquitectura de Venecia, Universidad Politécnica de Milán, Universidad Politécnica de Turín, Facultad de Arquitectura Ludovico Quaroni de la Universidad de Roma "La Sapienza", Facultad de Arquitectura de Alghero e na Accademia di Architettura de Mendrisio.

Relatores

VANESA TREVIN PITA

Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Mestrado en Patrimonio de Galicia e o Norte de Portugal. Arqueóloga profesional dende o ano 2012, a partir do cal traballou en diversas empresas como auxiliar de arqueoloxía, técnica arqueóloga e arqueóloga directora. Actualmente dirixe as escavacións arqueolóxicas do Castro de Doade (Lalín, Pontevedra, 2017-2020), ademais de diversos proxectos de posta en valor e xestión como CEO de CADO ARQUEOLOXÍA. É secretaria da asociación cultural Terras do Ortegal, editora dunha revista anual de estudos locáis e distintas publicacións ao longo dos últimos 9 anos. Ten colaborado en diversos proxectos internacionais en Italia (University of Leiden), Portugal (Universidade de Lisboa e Universidade do Porto), Inglaterra (Oxford University). Actualmente en Exipto (University of Delaware y Polish Center of Mediterranean Archaeology), en Berenike Proyect e Sikait Project (Universitat Autónoma de Barcelona), e en diversos puntos da Península no marco do Dynatinc Project (Casa de Velázquez).

PAULA BALLESTEROS

Historiadora, doutora pola Universidade do País Vasco, formada como antropóloga e arqueóloga, centrou o seu traballo de investigación en pescudar sobre as etapas cronolóxicas e os procesos formativos que dieron lugar á paisaxe agraria actual en Galicia, a paisaxe produtiva vista coma un palimpsesto de intervención humana continua. Como investigadora, desde o Incipit do CSIC, forma parte en diversos proxectos de I+D+i entre os que destaca “Procesos de cambio e formación na paisaxe cultural do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia” que a levou a adquirir un amplo coñecemento do patrimonio cultural das illas, especialmente da Illa de Ons, e que derivou na proposta expositiva audio-visual ONSSOA, conxunción de arte + territorio.

Actualmente traballa no proxecto “Habit- PAT, os coidados do patrimonio” estudo de caso no barrio de Vite (Santiago de Compostela) e cuxa intención é a de realizar un proceso de traballo colaborativo no que diferentes axentes do barrio consensúen e leven a cabo unha investigación en torno ao seu patrimonio inmaterial.

Neste proceso de investigación participou en 45 proxectos arqueolóxicos como directora e como equipo técnico. Ten cerca de 40 publicacións, entre libros, capítulos de libros e artigos tanto de ámbito nacional como internacional nas que indaga nas paisaxes agrarias e gandeiras nas que, a través do método arqueolóxico e etnográfico, profundiza no coñecemento do seu espesor histórico e patrimonial xunto coas prácticas sociais que as comunidades locais utilizaron para a súa transformación e xestión ao longo do tempo.

RAFAEL QUINTÍA

Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, Master Universitario en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas, na especialidade de Ciencias Sociais. Xeografía e Historia. Compaxina o seu traballo de antropólogo profesional co de profesor-titor de antropoloxía na UNED. Especialista en patrimonio inmaterial e proxectos de posta en valor do patrimonio. Autor de 20 libros (entre eles Universos simbólicos. Olladas ao redor da cultura e da identidade galega ou La historia de Galicia en 50 lugares), de 5 libros colectivos, múltiples colaboración bibliográficas así como dun centenar de artigos etnográficos, antropolóxicos e históricos publicados en distintas revistas de investigación e divulgación. Asemade, ten colaborado con diferentes xornais como o Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Sermos Galiza ou Galicia Confidencial, ademais de ser colaborador habitual en medios de radio e de televisión. Entre outros, foi responsable da sección “A historia de Galicia en 50 lugares”, no programa A vivir Galicia, da Radio Galega.

O seu traballo de investigación foi galardoado con 5 premios de investigación e ensaio: Gañador do Premio Xermade na Historia (2019), Premio de Investigación Ferro Couselo (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e gañador do Premio de investigación Luís Cuadrado (2010).

Como antropólogo ten dirixido numerosos proxectos de cine etnográfico e de antropoloxía visual, dende documentais de contido histórico ou antropolóxico a proxectos audiovisuais para a posta en valor do patrimonio. É director de 10 documentais.

Dirixe a publicación Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, cabeceira que fundou no ano 2006. Tamén é fundador e director de Canxar. Revista de fotografía etnográfica. É codirector da colección Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega e realiza labores de coordinación e redacción da publicación Caderno de Campo. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega. Ademais é coordinador de SAGA. Revista electrónica de investigación. É editor en Ab Origine Edicións.

COORDINA MERCEDES MÁQUEZ ROEL

Arquitecta, Máster en Xardinería e Paisaxe pola U. Politécnica de Valencia, actualmente está realizando a súa tese doutoral sobre o deseño do espazo público de proximidade. Docente no Máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega.

Participou en traballos de investigación como o Atlas do viño (Ministerio de Cultura), a Guía de Caracterización e Integración Paisaxística de Valados e a Guía de Boas Practicas para a Integración Paisaxística das Actividades Extractivas (Instituto de Estudos do Territorio). Realizou traballos de divulgación dos valores da paisaxe como a Guía de Boas Practicas Paisaxísticas na Terra Chá (Fundación Juana de Vega), e a coordinación e realización de obradoiros de paisaxe en centros escolares de Galicia “12 meses 12 paisaxes” (Instituto de Estudios do Territorio e Fundación Juana de Vega). Ten presentado comunicacions en congresos nacionais e internacionais relacionados coa paisaxe.

Forma parte do Grupo de Investigación da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, e do equipo redactor da “Estratexia de Infraestrutura Verde da área de A Coruña”. Exercicio libre da profesión desde o ano 2002 coa redacción e execución de proxectos de arquitectura e paisaxe.

A quén está dirixido

O seminario, organizado pola Fundación Juana de Vega a través da Escola Galega da Paisaxe coa colaboración do museo Casa do Patrón, celebrarase na sede de este último na aldea de Codeseda, parroquia de Doade, en Lalín.

Está dirixido principalmente a arquitectos, paisaxistas, urbanistas, xeógrafos e outros profesionais que traballan ou teñen interese no campo do desenvolvemento e a planificación da paisaxe e do medio rural.

En xeral pode interesar a aquelas persoas que teñan interese pola preservación dos valores e da paisaxe no medio rural.

Número de prazas: 20

Terá lugar entre o 27 e o 30 de Abril en catro xornadas de mañá e tarde.

Matrícula

Modalidade 1: Para as persoas que non precisen hospedaxe. Inclúe cafés, comidas.  50 €. 25 € para estudantes universitarios.

Modalidade 2: Inclúe hospedaxe en Albergue de mércores a venres, cafés, comidas, ceas. 100 €. 50 € para estudantes universitarios.

Modalidade 3: Inclúe hospedaxe en Hotel de mércores a venres, cafés, comidas e ceas. 150 €. 80 € para estudantes universitarios.

Formulario de inscrición

Pechada a inscripción



Novas relacionadas

O Castro de Doade, en Lalín, será o protagonista do novo seminario de paisaxe de la Fundación Juana de Vega para poñer en valor o patrimonio cultural do rural

Desenvolverase entre os días 4 e 7 de maio no museo Casa do Patrón, dirixido por Joao Nunes, un referente internacional en arquitectura da paisaxe, e coa participación de expertos en arqueoloxía, ...


Comentarios