Cursos e xornadas

Workshop: Camiñando polo norte. A paisaxe do camiño norte a Santiago no Concello de Guitiriz

A Escola Galega da Paisaxe organiza do 12 ao 16 de setembro de 2016, un workshop dedicado ao Camiño Norte de Santiago de Compostela ao seu paso polo municipio de Guitiriz (Lugo). O workshop estará dirixido por Jordi Bellmunt, director do Máster en arquitectura da paisaxe de Barcelona.

Obxectivo do Workshop

Realizar un diagnóstico, un análise e unhas propostas para resolver os problemas e mellorar as realidades dun tramo do Camiño da Costa do Camiño Norte a Santiago de Compostela, ao seu paso polo municipio de Guitiriz. Este tramo está aínda sen desenvolver nin sinalizar, pero ten unha gran potencialidade debida á súa calidade patrimonial e á súa paisaxe.

Para iso os alumnos, desde unha perspectiva multidisciplinar, dirixidos polo experto arquitecto e paisaxista Jordi Bellmunt, formularán propostas que permitan desenvolver esta zona desde unha perspectiva socioeconómica, dentro de parámetros ecolóxicos e ambientais, que integren os valores patrimoniais e paisaxísticos que existen neste tramo do Camiño do Norte.

Zona de actuación

A zona de actuación do workshop atópase dentro do antigo trazado, na etapa incorporada ao Camiño do Norte en 2014, na variante do Camiño da Costa, que abarca o tramo entre Capela de San Alberte e Pena do Foxo, no concello de Guitiriz. Trátase duns 7kms que discorren desde o sureste do núcleo de Ferreira ata o da Pena Branca.

Jordi Bellmunt Chiva

Arquitecto pola ETSAB (Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona); desde o ano 1982, é profesor do Departamento de Urbanismo e Ordenación do Territorio (UPC). Desde o ano 1987, é profesor do Master de Arquitectura da Paisaxe (UPC) e director do mesmo desde o ano 2000.

Membro do comité de organización da Bienal Europea de Arquitectura da Paisaxe desde 1998.

Dirixido a

Titulados universitarios de grao superior ou medio que desenvolven a súa actividade nos ámbitos da enxeñería, a arquitectura, o urbanismo, o medioambiente, a ecoloxía, ou o paisaxismo, así como a estudantes de ensinos técnicos, con vocación de especializarse dentro do campo da paisaxe.

Data

Do 12 ao 16 de setembro de 2016. De 9:30 a 19:30 h. Venres 16 de 9:30 a 14 h.

Programa

Luns 12 de setembro

09.30 – 9.45hBenvida
9.45 – 10.00h

Inauguración e presentación do Workshop:
Isabel Aguirre. Directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.

10.00 – 11.30h

Conferencia:
Jordi Bellmunt.
Arquitecto paisaxista. Director do Máster en arquitectura da paisaxe da Universidade de Barcelona

11.30 – 12.00hCoffee break
12.00 – 14.00hTraballo en grupo
14.00 – 16.00hComida
16:00 - 20:00hVisita á zona de actuación en Guitiriz.

Martes, 13 de setembro

09.30 – 11.00h

Conferencia:
Felipe Criado - Boado.
Arqueólogo no CSIC, director do Instituto de Ciencias do Patrimonio e Presidente da Asociación Europea de Arqueólogos.

11.00 – 11.30hCoffee break
11.30 – 14:00 h

Traballo en grupo

14:00 – 16:00 hComida
16:00 – 19:30 hTraballo en grupo

Mércores 14 de setembro

09.30 – 11.00hConferencia:
Javier Gonzalez
Harguindey. Doutor arquitecto da Universidade de A Coruña
11.00 – 11.30hCoffee break
11.30 – 14:00 h

Traballo en grupo

14:00 – 16:00 hComida
16:00 – 19:30 hTraballo en grupo

Xoves 15 de setembro

09.30 – 11.00h

Traballo en grupo

11.00 – 11.30hCoffee break
11.30 – 14:00 h

Traballo en grupo

14:00 – 16:00 hComida
16:00 – 19:30 hTraballo en grupo

Venres 16 de setembro

09:30 – 12:00h

Presentación resultados workshop

12:00 – 12:30 hCoffee break
12.30 h

Clausura do Workshop

Selección de alumnos:

Das solicitudes de matrícula formalizadas, seleccionaranse un máximo de 25 participantes. Para facer a selección valorarase a adecuación do perfil académico e/ou profesional dos solicitantes á actividade para desenvolver no Workshop.

Preinscrición

Para formalizar a matrícula, as persoas que estean interesadas deben cubrir o formulario de matrícula, acompañado dun curriculum vitae cunha extensión máxima dun folio, antes do 7 de setembro.

Matrícula

O importe da matrícula é de 200 euros. Inclúe: material docente, desprazamento desde a Fundación Juana de Veiga ao ámbito de actuación e comidas.

Dossier

 

Máis información en

www.juanadevega.org
info@juanadevega.org
981.65.46.37


Comentarios