Cursos e xornadas

Xornadas de Formación 2013

A Escola Galega da Paisaxe uniu esforzos co CFEA de Guísamo para organizar catro xornadas de formación que parécennos de interese para os enxeñeiros, arquitectos paisaxistas, arquitectos, xardineiros e calquer persoa interesada na paisaxe.

Análise visual de arborado: 10 e 11 de xaneiro

O obxectivo fundamental do curso é transmitir os coñecementos necesarios para unha formación básica na identificación de problemas mecánicos do arboredo urbano. Tras unha introdución acerca da conveniencia do arboredo urbano nas nosas cidades, abordaranse diferentes formulacións teóricas sobre os indicadores de risco e os síntomas biomecánicos de defectos internos da madeira das árbores. Da mesma forma se tratarán diferentes metodoloxías e regras aplicadas no panorama internacional.

Pedro Calaza Martínez.

Doutor Enxeñeiro Agrónomo. Director do Dpto. de Enxeñaría da Paisaxe e I+D+i. Profesor no Máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega e no Máster de Investigación agraria e forestal da USC, concretamente de "Biomecánica e avaliación de risco de arborado".

Ferramentas para a identificación de defectos mecánicos en árbores: 16 e 18 de xaneiro

Perséguese formar técnicos do sector nas diferentes ferramentas de diagnóstico que se utilizan para a cualificación e cuantificación de defectos na madeira das árbores vivas. Abordaranse os principios físicos do seu funcionamento e expoñeranse exemplos realizados en diferentes exemplares e con diferentes ferramentas: tomógrafosónico, por impedancia eléctrica, resistógrafo, fractómetro, etc...

O obxectivo fundamental do curso é transmitir os coñecementos necesarios para unha formación básica na identificación de problemas mecánicos do arboredo urbano. Tras unha introdución acerca da conveniencia do arboredo urbano nas nosas cidades, abordaranse diferentes formulacións teóricas sobre os indicadores de risco e os síntomas biomecánicos de defectos internos da madeira das árbores. Da mesma forma se tratarán diferentes metodoloxías e regras aplicadas no panorama internacional.

Pedro Calaza Martínez.

Doutor Enxeñeiro Agrónomo. Director do Dpto. de Enxeñaría da Paisaxe e I+D+i. Profesor no Máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega e no Máster de Investigación agraria e forestal da USC, concretamente de "Biomecánica e avaliación de risco de arborado".

Raingardens: 23 e 24 de xaneiro

Obxectivos do curso.

O obxectivo principal do curso é achegar información sobre o desenvolvemento de técnicas ambientais de baixo impacto para un uso sostible da auga, asi como a metodoloxía para a súa creación. Abordaranse sistemas de tratamentos da auga de chuvia a escala da paisaxe e o rain garden na escala da vivenda e o xardín como unha das ferramentas máis versátiles e efectivas no manexo da auga de escorrentía.

Contidos

Uso de plantas como biofiltros. A fitorremediación para un uso sostible da auga. Rain gardens. Introdución. Definición. Beneficios. Anatomía dun rain garden. Tipos.Creación dun rain garden. Localización. Deseño e construción. Selección de plantas. Mantemento.

Profesorado

Manuel Soto Castiñeira, catedrático de Enxeñaría Química de la Universidad da Coruña. Director da Oficina de Medio. Especialista en aspectos xerais do uso sostible da auga, deseño e seguimento de brañas construídas

Mª Isabel Iglesias Díaz, profesora titular de universidade na Universidade de Santiago de Compostela. Coordinadora e profesora do máster de Arquitectura da paisaxe Juana de Vega. Imparte docencia de Xardinaría e Paisaxismo na Escola Politécnica Superior de Lugo.

Xardíns Verticais: 31 de xaneiro e 1 de febreiro

Este curso ten como obxectivos a formación nos aspectos máis importantes da Xardinaría Vertical. Expoñerase a orixe e os beneficios da Xardinaría vertical. Analizaranse os diversos sistemas de xardinaría vertical existentes no mercado, as súas características e os aspectos a ter en conta para a súa axeitada selección. Abordarase os diversos aspectos do deseño e execución de proxectos de Xardíns verticais. Por último analizarase a xestión e o mantemento eficiente destes.

Rafael Fernández Cañero.

Imparte clase de Xardinaría e Paisaxismo na Universidade de Sevilla é socio da empresa Terapia Urbana, especializada en Xardíns Verticais e Naturación urbana.

O lugar de celebración de devanditas xornadas é a sede Fundación Juana de Vega.



Novas relacionadas

Primeira "Xornada sobre Raingardens". Os vindeiros 23 e 24 de xaneiro

A Escola Galega da Paisaxe organiza co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo a primeira "Xornada sobre Raingardens". Os vindeiros 23 e 24 de xaneiro de 16 a 20 horas na sede...

Primeira "Xornada sobre Xardíns Verticais". Os vindeiros 31 de xaneiro e 1 de febreiro

A Escola Galega da Paisaxe organiza co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo a primeira "Xornada sobre Xardíns Verticais". Os vindeiros 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 16 ...


Comentarios