Entregar unha obra de xardinería coas plantas no seu punto de tamaño e calidade é un reto para xardineiros e paisaxistas; e na medida en que o conseguen son máis competitivos nun mercado esixente.
Entregar unha obra de xardinería coas plantas no seu punto de tamaño e calidade é un reto para xardineiros e paisaxistas; e na medida en que o conseguen son máis competitivos nun mercado esixente. A posibilidade de dispor de estruturas como tepes, xa desenvolvidas, con planta crecida e no punto óptimo para a instalación resolverá en gran medida esta problemática, aumentará as oportunidades de éxito das obras de xardinería e paisaxismo e reducirá os custes de mantemento.
Tanto o proxecto como esta xornada de divulgacióncontan coa axuda para a execución deproxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
A xornada técnica ten como obxectivo a presentación dos resultados do proxecto piloto coordinado por A MAN DE PRADO S.L.U. e no que participan como entidades colaboradoras ARBOREJARDIN, a UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, ORGÁNICA DE SUSTRATOS S.L e a FUNDACIÓN JUANA DE VEGA.
A xornada terá lugar o vindeiro 27 de setembro por streaming.
A presentación dos resultados farase en dous relatorios: un, por parte do axente de innovación do proxecto e outro, por parte da Universidade de Santiago de Compostela, segundo se indica no programa.
A xornada vai dirixida ás persoas vinculadas co sector viveirista galego, fundamentalmente.
Hora | Contido | Relator/a |
18:00-18:15 | Benvida | Iván M. Prado Rodriguez, Xerente de A Man de Prado SLU Pedro Calaza Martínez. Axente de innovación e Director da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega. Jose Manuel Andrade Calvo. Director da Fundación Juana de Vega |
18:15-18:35 | As soluciones baseadas na natureza no desenvolvemento territorial e no paisaxismo | Pedro Calaza Martínez. Axente de innovación e Director da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega.
|
18:35-19:20 | Presentación dos resultados do proxecto: Elaboración sostible de tepes para xardinería, paisaxismo e restauración ambiental. | Adolfo López Fabal Profesor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da USC |
19:20-19:30 | Preguntas |
|
19:30 | Remate da xornada |
27 de setembro de 2021 de 18:00 a 19:30h
A xornada será emitida por streaming
Para realizar a súa inscrición na xornada sobre ELABORACIÓN SOSTIBLE DE TEPES PARA XARDINERÍA, PAISAXISMO E RESTAURACIÓN AMBIENTAL é necesario cubrir o seguinte formulario.
Formulario de inscrición pechado.
Uns días antes da xornada recibirá por email o enlace de conexión á xornada.
A xornada de presentación de resultados realizouse telemáticamente e contou coa participación de Iván Prado Rodríguez, Xerente de A Man de Prado SLU e solicitante do proxecto, Pedro Calaza Martí...