A Escola Galega da Paisaxe contará con un Comité de Expertos, que terá como funcións, entre outras, as seguintes:
Debater e analizar as diversas problemáticas que presenta a paisaxe en Galicia co obxecto de propoñer as liñas de actuación e os distintos programas a desenvolver.
Propoñer unha toma de posición da Escola en temas de interese público relacionados ca paisaxe e a súa incidencia no ámbito social, cultural e de desenvolvemento do territorio.
Orientar sobre o desenvolvemento de liñas de traballo e informar de experiencias que se estean desenvolvendo no ámbito estatal, noutras Comunidades Autónomas ou noutros países.
Promover e fomentar a colaboración con outras institucións para o desenvolvemento conxunto de actividades.
O Comité de Expertos renovarase cada cinco anos e estará formado por un máximo de 15 membros de diferentes ámbitos profesionais.