Parador Nacional de Monforte de Lemos
15 e 16 de novembro de 2019
No ano 2019 convócase o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS EN ESPAZOS EXTERIORES, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións realizadas en espazos exteriores tanto públicos como privados que contribúan a mellorar a calidade da paisaxe.
A Fundación Juana de Vega a través da Escola Galega da Paisaxe en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal e o patrocinio do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organiza o Obradoiro: Revitalizar a paisaxe rural. Aldea de Couto no marco das súas actividades co obxectivo de promover o estudo, a investigación, a formación, a difusión e o intercambio de coñecementos, e a sensibilización e concienciación da sociedade en materia de paisaxe.
Coa creación da Escola Galega da Paisaxe, a Fundación pretende potenciar e mellorar a eficacia da súa liña de actuación no ámbito da paisaxe, integrando nela todas as actividades de formación, investigación e divulgación que desenvolve relacionadas coa paisaxe e o territorio de Galicia.