Outras

Premio Juana de Vega para Investigadores Xóvenes

A Cátedra convocou nos últimos anos varios premios Juana de Vega de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais en dúas modalidades: dirixida a doutores e dirixida a postgraduados co Máster Universitario en Historia Contemporánea.

  • Modalidade A: Premio de 6.000 €. Dirixida a Doutores que realicen a súa investigación nalgún dos ámbitos aos que estivo vinculada a figura de Dña. Juana de Vega: Liberalismo, Historia Política, Historia Agraria, e Historia de xénero na Idade Contemporánea.
  • Modalidade B: Premio de 2.000 €. Dirixida a Postgraduados con "Máster Universitario en Historia Contemporánea" que teñan realizado o seu Traballo de fin de Máster nalgún dos ámbitos mencionados na modalidade A

I Simposio internacional sobre o Liberalismo

Celebrado do 29 de Novembro ao 2 de Decembro de 2006 co título "O liberalismo" nos seus contextos. Un estado de cuestión", que se desenvolveu entre Santiago de Compostela e A Coruña, e no que nas doce conferencias programadas, participaron destacados especialistas nacionais e internacionais.

Bolsa Postdoctoral

Bolsa Postdoutoral; para a publicación dos resultados dunha tese de doctoramento de D. Daniel Lanero Táboas, dotada con 7.000,00 euros.

A Revolución Verde en perspectiva comparada na Península Ibérica

Seminario "A Revolución Verde en perspectiva comparada na Península Ibérica", dirixido por D. Daniel Lanero Táboas e organizado polo Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago en colaboración coa Universidade Nova de Lisboa. O seminario celebrouse no Centro de Estudos Avanzados, os días 23 e 24 de febreiro de 2007.