Faladoiros

Os "faladoiros" xurden da reflexión dos membros da “Cátedra Juana de Vega” de reorientar parcialmente o sentido e obxectivos das súas actividades, dando preferencia a debates e faladoiros sobre temas de actualidade, despois de ter realizado unha xeira de congresos especializados nas temáticas que lle eran máis próximas a biografía de D. Juana de Vega e da súa familia.

Muller e ciencia: fendas, teitos e retos

O 1 de febreiro de 2019 terá lugar un novo faladoiro da Cátedra Juana de Vega para analizar as fendas, teitos e retos que afrontan cada día as mulleres que traballan no eido científico.

A contabilidade do capital natural: Situación presente e perspectivas futuras

O 29 de setembro un novo faladoiro da Cátedra Juana de Vega analiza o concepto de capital natural e os avances da súa contabilidade, tanto a nivel europeo como español.

Mecenado e financiamento universitario

Neste Faladoiro reflexionarase sobre a capacidade das universidades españolas en xeral, e das galegas en particular, para a captación de fondos privados; caracterizando e establecendo as diferenzas entre os modelos anglosaxón e europeo de mecenado, ou achegarnos a relación entre estas institucións e os propios mecenas.

Socioloxía do leite. A cara oculta do leite galego

Neste faladoiro analizarase a evolución das formas de organización dos leiteros galegos, a súa relación coa sociedade, cos poderes e coa política, desde unha ollada local e en perspectiva comparada con outras latitudes.