Dende 2005 a Fundación Juana de Vega participa na Cátedra Juana de Vega - xunto coa Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela- para promover o coñecemento da vida e obra de Dª. Juana de Vega así como o seu contexto histórico.
O 22 de decembro do ano 2005 a Fundación Juana de Vega asinou coa Universidade de Santiago de Compostela un acordo para a creación da Cátedra Juana de Vega no seo do extinto Departamento de Historia Contemporánea e de América (agora Departamento de Historia) da Facultade de Xeografía e Historia.
O obxectivo desta Cátedra é promover o debate, a reflexión, a investigación e o desenvolvemento de actividades que conduzan á realización de estudos e proxectos de investigación, así como a formación e divulgación de traballos relacionados coas seguintes materias:
Desde o inicio da Cátedra no ano 2005, a dirección estivo a cargo de: