Introducción Con case o 80% da superficie municipal declarada dun ou doutro xeito como protexida, Vilariño de Conso é o quinto concello galego con máis territorio incluído dentro dunha figura de conservación da natureza. Isto xa representa de por si unha singularidade notábel, á que cómpre engadir o feito que un terzo do concello constitúe un Parque Natural, circunstancia da que non participan outros concellos situados na «banda alta» galega de contaren con moita porcentaxe protexida. Ademais, o Parque Natural
Neste informe preséntanse os resultados técnico-económicos relativos ao ano 2023 dunha mostra de 17 granxas de vacún de carne, elaborados a partir da información facilitada polos gandeiros integrados na Rede Galega de Granxas Modelo. A Rede está formada por explotacións de vacas nutrices que exemplifican o que os socios do Grupo Operativo definen como a Granxa Típica do modelo galego, situadas en concellos cunha notable presenza desta actividade gandeira. Para descargar o informe é preciso cubrir este formulario:
Neste informe preséntanse os resultados técnico-económicos relativos ao ano 2024 para o sector do vacún de carne a partir dunha mostra de ganderías integradas na Rede Galega de Granxas Modelo. A Rede está formada por 17 explotacións de vacas nutrices que exemplifican o que os socios do Grupo Operativo definen como "a Granxa Típica do modelo galego". Todas están situadas en concellos cunha notable presenza desta actividade gandeira. O esudo evidencia a dependencia das subvencións da PAC por parte
A Fundación Juana de Vega publica o Informe do sector lácteo 2024, unha análise detallada da evolución da produción de leite en Galicia e da súa posición no contexto europeo. O estudo aborda o crecemento sostido do sector, a consolidación de Galicia como líder en España, a evolución das entregas e dos prezos, así como as tendencias de consumo de produtos lácteos. Ademais, examina a transformación da estrutura das explotacións, a situación da cadea láctea e a evolución da transformación
Presentación A Unión Europea desexa implantar nos estados membros un novo xeito de fomentar a innovación no sector agroalimentario, a través do "Partenariado Europeo para a Innovación". Este novo sistema canalizará os esforzos e fondos para o crecemento da innovación no agro, a través dos denominados "grupos operativos", baseados no traballo colaborativo entre parceiros de distintas características: produtores, investigadores, empresas, axentes de innovación, ONGs, asociacións, etc... Precísase difundir este novo enfoque para que o conxunto de axentes que se
A posta en marcha de experiencias agroecolóxicas innovadoras é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións. Chamamos aos axentes sociais implicados á participación, definindo as problemáticas existentes e propondo alternativas, co obxectivo de dinamizar o medio rural e afondar na súa sustentabilidade.
V. Produtos locais e circuítos curtos de comercialización. 24 de Novembro de 2011 Obxectivos Galicia conta cunha rica e variada produción agroalimentaria de recoñecida calidade, que en numerosas ocasións xera escaso valor engadido para os produtores. Non obstante, nos últimos anos estanse a producir cambios nas tendencias de consumo dirixidas á procura dunha alimentación baseada en produtos de calidade vinculados ao territorio próximo, que abren novas oportunidades de negocio para os produtores locais. O obxectivo de estas xornadas é
A Fundación Juana de Vega está desenvolvendo desde o ano 2007 na área de Betanzos e Comarca un proxecto de investigación para a caracterización das variedades de vide "Branco Lexítimo" e "Agudelo" e a análise do seu potencial para elaboración de viños de calidade. Este estudo tamén está a contribuír ao proceso de recoñecemento destas variedades por parte da Oficina Española de Variedades Vexetais, o que permitirá que poidan ser empregadas na elaboración de viños, e identificadas na etiqueta
Dende o curso 1992-1993 ao curso 2009-2010 impartiuse en colaboración coa Universidade da Coruña formación en Xestión de Empresas Agroalimentarias. Esta formación serviu de base, para que un gran número de alumnos, ocupen hoxe postos de responsabilidade en empresas do sector. O Programa de Postgrao cuxo contido respondía ás necesidades empresariais, constituíu o complemento de formación necesario para aqueles titulados universitarios nas diferentes ramas agrarias, ou profesionais, que desexasen afrontar con éxito o seu futuro laboral e profesional. Obxetivos: Dirixido a