Xornadas e cursos

Febreiro-decembro 2022

Descrición Este curso básico de viticultura e enoloxía ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que vai de febreiro a decembro, o que permite a formación práctica en todas as operacións que se desenvolven nun viñedo e nunha adega, desde a implantación ou mantemento da viña aos procesos de elaboración de viño na adega. Realizarase o seguimento en finca de todo o ciclo vexetativo das variedades brancas (branco lexítimo, godello, agudelo, albariño, etc.) e tintas (mencía, brancellao, merenzao,

Febreiro-decembro 2022

Descrición Curso de fruticultura eminentemente práctico no que, ao longo de todo o ciclo vexetativo, se traballarán con froiteiras de pebida, especialmente maceiras de mesa e sidra. A parte final do curso estará dedicada á tecnoloxía de elaboración de zume de mazá e da sidra. Obxectivos Ao final do curso, o alumnado será capaz de: 1. Realizar todas as operacións de xestión de explotacións froiteiras na zona atlántica, en especial das maceiras de mesa e da sidra. 2. Realizar

Outubro de 2021

Introdución A calidade é unha das ferramentas máis eficaces coa que contan os agricultores europeos para afrontar a competencia cada vez maior dos países emerxentes e das grandes marcas. As últimas crises agroalimentarias, xunto co maior poder adquisitivo da poboación, fixeron que os consumidores concederan unha importancia crecente á calidade dos alimentos, cunha demanda en aumento de produtos alimentarios de orixe xeográfica específica e certificada. Ligados a estas variables xeográficas aparecen os alimentos de calidade diferenciada, entendidos como tales:

Febreiro-decembro 2021

Obxectivos A realización do curso terá compoñente teórica en aula e prácticas en finca. Un dos obxectivos a acadar é a realización práctica de todas as operacións necesarias para a implantación e mantemento de fincas frutícolas, principalmente adaptado á fruticultura da zona atlántica. Para poder acadar estes obxectivos eminentemente prácticos a execución do curso terá carácter discontínuo, comprendendo dito período desde o mes de febreiro ata remates do mes de novembro, coincidindo coa colleita da froita e posterior conservación

Introdución: A posta en marcha da Asociación Europea de Innovación para unha agricultura produtiva e sostible en 2012 supuxo un cambio na forma de acometer as accións de transferencia de coñecemento no ámbito do sector agrario. O novo modelo pretende evolucionar dun sistema lineal de transferencia da investigación aos usuarios, a un sistema de co-creación entre os distintos actores. Para implementar esta nova filosofia puxéronse en marcha nos Programas de Desenvolvemento Rural, os Grupos Operativos de innovación e os

Novembro 2020

Introdución O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) é un centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) que ten entre outras a función de coordinar o Banco de Recursos Fitoxenéticos da Comunidade Autónoma de Galicia. No Banco traballase na recuperación, multiplicación e caracterización (morfolóxica, agronómica e molecular) de variedades e poboacións vexetais principalmente de orixe galega co fin de conservalas evitando a súa extinción, contribuíndo ademais a: Actualmente no CIAM consérvase unha colección de millo (máis

8-10 xuño 2018

Introducción Con case o 80% da superficie municipal declarada dun ou doutro xeito como protexida, Vilariño de Conso é o quinto concello galego con máis territorio incluído dentro dunha figura de conservación da natureza. Isto xa representa de por si unha singularidade notábel, á que cómpre engadir o feito que un terzo do concello constitúe un Parque Natural, circunstancia da que non participan outros concellos situados na «banda alta» galega de contaren con moita porcentaxe protexida. Ademais, o Parque Natural

Neste informe preséntanse os resultados técnico-económicos relativos ao ano 2023 dunha mostra de 17 granxas de vacún de carne, elaborados a partir da información facilitada polos gandeiros integrados na Rede Galega de Granxas Modelo. A Rede está formada por explotacións de vacas nutrices que exemplifican o que os socios do Grupo Operativo definen como a Granxa Típica do modelo galego, situadas en concellos cunha notable presenza desta actividade gandeira. Para descargar o informe é preciso cubrir este formulario:

Neste informe preséntanse os resultados técnico-económicos relativos ao ano 2024 para o sector do vacún de carne a partir dunha mostra de ganderías integradas na Rede Galega de Granxas Modelo. A Rede está formada por 17 explotacións de vacas nutrices que exemplifican o que os socios do Grupo Operativo definen como "a Granxa Típica do modelo galego". Todas están situadas en concellos cunha notable presenza desta actividade gandeira. O esudo evidencia a dependencia das subvencións da PAC por parte

A Fundación Juana de Vega publica o Informe do sector lácteo 2024, unha análise detallada da evolución da produción de leite en Galicia e da súa posición no contexto europeo. O estudo aborda o crecemento sostido do sector, a consolidación de Galicia como líder en España, a evolución das entregas e dos prezos, así como as tendencias de consumo de produtos lácteos. Ademais, examina a transformación da estrutura das explotacións, a situación da cadea láctea e a evolución da transformación

6 XUÑO 2014

Presentación A Unión Europea desexa implantar nos estados membros un novo xeito de fomentar a innovación no sector agroalimentario, a través do "Partenariado Europeo para a Innovación". Este novo sistema canalizará os esforzos e fondos para o crecemento da innovación no agro, a través dos denominados "grupos operativos", baseados no traballo colaborativo entre parceiros de distintas características: produtores, investigadores, empresas, axentes de innovación, ONGs, asociacións, etc... Precísase difundir este novo enfoque para que o conxunto de axentes que se