Fallo do xurado do premio Juana de Vega de arquitectura

Share

A Fundación Juana de Vega fixo público esta tarde o fallo do xurado nun acto que estivo presidido pola Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, da Xunta de Galicia, Dª Encarnación Rivas, no que participaron ademais os membros do Xurado, D. Celestino García Braña, Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e D. Enrique Sáez Ponte, Presidente da Fundación Juana de Vega.

O Xurado, acordou por unanimidade:

  • Conceder o Premio Juana de Vega, para a mellor vivenda unifamiliar rematada en Galiza no ano 2008 ao arquitecto Alfonso Penela Fernández pola súa obra situada en Vilariño - Aldán. O xurado valorou especialmente o complexo e, ao mesmo tempo, elegante deseño da casa, que pode funcionar como unha soa vivenda ou como catro vivendas unifamiliares.
  • Conceder un Accésit a cada un dos seguintes traballos:
    • Vivenda en Vilagarcia de Arousa, dos arquitectos José Luis Recuna Cuiña e José Mª Fernández Dapena, polo difícil logro de crearen espazos de intimidade nun entorno semiurbano agresivo, coa presenza dunha nave industrial a carón da parcela e dunha estrada de acceso ao porto, con moito tráfico de vehículos pesados.
    • Vivenda en Piñeirón (Ribadumia) dos arquitectos Jaime Rodríguez Abilleira e Santiago Pintos Pena. Unha boa combinación entre a rehabilitación de edificios antigos e a nova construción, engadida para cumprir o plan plantexado polos promotores.

Tras facer público o fallo do xurado, celebrouse o acto de entrega de premios, no que, ademais, os promotores das obras galardoadas recibiron una placa de aceiro conmemorativa.

O xurado tamén acordou recoñecer como finalista destacada unha obra do arquitecto Martin de Cominges Carvallo en Aios (Sanxenxo), xa que grazas a boa combinación de elementos construtivos e ao equilibrio formal, a vivenda incorpórase con naturalidade a unha ladeira de casa espalladas sobre o mar, fronte a Illa de Ons.

O xurado estivo formado polo Presidente da Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Manuel de la Iglesia Pérez, o Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Xosé Manuel Casabella López, o Presidente da Fundación, Enrique Sáez Ponte, o presidente da delegación do COAG en Vigo, Salvador Fraga Rivas, o secretario do Padroado do Museo do Pobo Galego, Manuel Caamaño Suárez, o arquitecto portugués Gonzalo Byrne e o escritor Xavier Seoane.

O fallo do xurado pode consultarse na páxina web da Fundación:

O Xurado do Premio Juana de Vega de Arquitectura concede o Premio dotado con 6.000,00 € a unha vivenda unifamiliar situada en Vilariño – Aldan do arquitecto Alfonso Penela Fernández.

Foron distinguidas ademais cun accésit, unha obra situada en Vilagarcía de Arousa, e outra situada en Piñeirón – Ribadumia.