Expertos internacionais en paisaxe destacan a Ribeira Sacra como exemplo de dinamización e función socioeconómica do patrimonio cultural

Share

Oleiros, 26 de decembro de 2018.- O Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, foi o espazo elixido para presentar hoxe as conclusións do workshop “Un futuro para o territorio: Paisaxes culturais, xestión rural e sistemas de información xeográfica”, organizado pola Fundación Juana de Vega e celebrado no Parador de San Estevo, no corazón da Ribeira Sacra.

Ao acto asistiron do presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte; a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, María del Carmen Martínez Ínsua, e o coordinador do evento, Mario Crecente Maseda.

No transcurso desta presentación, destacaron as principais conclusions dun encontro no que participaron algún dos principais expertos en paisaxismo de Europa, así como investigadores universitarios ou xestores culturais, que abordaron durante os días 8 e 9 de novembro cuestión vitais para o futuro do territorio rural e das paisaxes culturais como a despoboación e o envellecemento da poboación ou a debilidade do tecido empresarial, que fan necesario reformular o enfoque desde o que tradicionalmente se viñeron protexendo, xestionado e dinamizado.

Así o explicaba o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, que manifestou a necesidade de que as paisaxes sexan un órgano vivo, que non só poñan en valor un territorio, senon que sirvan tamén como fonte de riqueza e emprendemento. Precisamente, o workshop xirou en torno ás estratexias a desenvolver para acadar este obxectivo afondando nas medidas necesarias para dotarlle esa función dinámicá á paisaxe, un camiño no que é imprescindible a participación das comunidades locais e as novas tecnoloxías, que poden actuar como un instrumento catalizador desde diversas perspectivas.

Entre os expertos internacionais, atopábanse consultores sobre bens culturais, representantes da Unesco, paisaxistas de referencia internacional, xestores da administración en materia de cultura e patrimonio de países como Francia ou Italia, así como a recoñecida paisaxista e directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre, e mesmo o propio presidente da Fundación Juana de Vega.

No encontro todos eles compartiron as súas liñas de investigación e traballo, ademais de coñecer as propostas presentadas por diversos axentes locais, que presentaron casos de boas prácticas xestión cultural e rural en Ribeira Sacra. A valoración dos técnicos foi tan positiva, tanto nesta mateira como no propio patrimonio da Ribeira Sacra e a súa contribución á estrutura socioeconómica do contorno, que a conclusión principal foi a necesidade de crear unha estratexia a longo prazo que integre todas as visións e que partindo da Ribeira Sacra poda convertirse nun referente para a súa implantación noutros territorios.

Podes consultar o vídeo resume do seminario neste enlace.

Dossier conclusións seminario.​

A Fundación Juana de Vega presentou hoxe no Museo do Pobo Galego as conclusións do workshop “Un futuro para o territorio: Paisaxes culturais, xestión rural e sistemas de información xeográfica”, no que participaron expertos de todo o mundo, representantes da Unesco e das administracións no ámbito de patrimonio e territorio de diversos países

Os expertos destacaron a necesidade de plantexar un plan estratéxico de dinamización e de xestión territorial das paisaxes culturais a longo prazo que parta da Ribeira Sacra e se poda extrapolar a outros territorios