1.- LUGAR DE TRABALLO.
Fundación Juana de Vega. Oleiros, A Coruña.
2.- TAREFAS A DESENVOLVER.
Xestión e participación en proxectos relacionados co sector agroalimentario e forestal especialmente orientados á elaboración de plans estratéxicos, desenvolvemento rural, estudos, memorias e accións formativas e de difusión.
Retribucións segundo o perfil da candidatura.
3.- REQUISITOS.
- Dispoñibilidade para incorporación inmediata.
- Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro Forestal, Licenciado en Administración e Dirección de Empresas ou Ciencias Económicas.
- Galego e inglés escrito e falado.
- Dominio do paquete office a nivel avanzado.
4.- MÉRITOS A VALORAR
- Capacidade de organización e iniciativa e facilidade de traballo en equipo.
- Coñecemento do sector agroalimentario galego e formación complementaria ou experiencia relacionada coa planificación estratéxica, a economía agroalimentaria, a investigación social e de mercado e a comercialización.
- Valorarase positivamente a experiencia investigadora, publicacións ou título de doutor.
- Capacidade para xestionar fontes de datos e elaborar informes.
- Experiencia demostrable en promoción e/ou xestión de programas internacionais de I+D.
Os interesados deben enviar o seu CV a: info@juanadevega.org
Indicando no asunto: “GP-112021”
Data máxima de recepción de CV: 15/11/2021