OFERTA DE EMPREGO: XESTOR DE PROXECTOS

Share

1.- LUGAR DE TRABALLO.

Fundación Juana de Vega. Oleiros, A Coruña.

(https://juanadevega.org/es/)

2.- TAREFAS A DESENVOLVER.

Xestión e participación en proxectos relacionados co sector agroalimentario e forestal especialmente orientados á elaboración de plans estratéxicos, desenvolvemento rural, estudos, memorias e accións formativas e de difusión.

Retribucións segundo o perfil da candidatura.

3.- REQUISITOS.

  • Dispoñibilidade para incorporación inmediata.
  • Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro Forestal, Licenciado en Administración e Dirección de Empresas ou Ciencias Económicas.
  • Galego e inglés escrito e falado.
  • Dominio do paquete office a nivel avanzado.

4.- MÉRITOS A VALORAR

  • Capacidade de organización e iniciativa e facilidade de traballo en equipo.
  • Coñecemento do sector agroalimentario galego e formación complementaria ou experiencia relacionada coa planificación estratéxica, a economía agroalimentaria, a investigación social e de mercado e a comercialización.
  • Valorarase positivamente a experiencia investigadora, publicacións ou título de doutor.
  • Capacidade para xestionar fontes de datos e elaborar informes.
  • Experiencia demostrable en promoción e/ou xestión de programas internacionais de I+D.

Os interesados ​​deben enviar o seu CV a: info@juanadevega.org

Indicando no asunto: “GP-112021”

Data máxima de recepción de CV: 15/11/2021