CONTRATACIÓN DUN SERVIZO DE APOIO NA COMUNICACIÓN DO PROXECTO KICAP (Boosting Knowledge and Innovation in rural areas through CAP support) DA CONVOCATORIA IMCAP-2022 (Support for information measures relating to the Common Agricultural Policy for 2021)

Share

Este proxecto desenvolverase nun momento clave para a Política Agrícola Común (PAC). Despois de varios anos de debates e negociacións, a nova reforma da PAC xa foi aprobada e debe ser posta en marcha. Os desafíos aos que se enfronta os sectores da agricultura e a gandería na Unión Europea evolucionaron moito nos últimos anos e as normas da PAC foron adaptándose. A transferencia de coñecemento e a innovación serán cruciais para axudar aos agricultores e gandeiros, así como ás comunidades rurais, a facer fronte a eses desafíos. Con todo, aínda é preciso aumentar os esforzos para crear as condicións propicias para a aceleración da innovación e a valorización do coñecemento existente no sector agrícola. A nova PAC recoñece esta necesidade de innovación e modernización do sector e nos próximos anos vai supor unha fonte fundamental de apoio para as comunidades agrarias e rurais.

O proxecto KICAP ten por obxectivo informar sobre a contribución da Política Agrícola Común á modernización do sector agrícola e gandeiro na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como o seu papel fundamental no apoio á innovación necesaria para asegurar a sostibilidade da agricultura e gandería da UE en liña cos obxectivos do Pacto Verde Europeo e das estratexias relacionadas. Para iso, organizaranse unha serie de seminarios e actividades de divulgación centradas en dous públicos diferenciados:

  • Os actores do sistema de coñecemento e innovación agrícolas (AKIS, polas siglas en inglés) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
  • Alumnado e profesorado de escolas de secundaria e formación profesional participantes no anterior proxecto FunCAP.

O proxecto, mediante a colaboración cun medio especializado, proporcionará ao público en xeral información que lle axudará a impulsar o seu coñecemento e percepción social da contribución da PAC á innovación e modernización do sector agrario e das zonas rurais, axudando ao mesmo tempo a abordar e corrixir percepcións erróneas sobre a agricultura e a PAC entre as novas xeracións e a poboación en xeral.

Obxectivo do servizo

O obxectivo do servizo é o de fornecer ao proxecto KICAP de medios de comunicación de implantación territorial demostrada en Galicia e/ou Norte de Portugal que poidan contribuír á diseminación e comunicación das actuacións do proxecto KICAP, asegurando que se alcance o maior público obxectivo desde o inicio do proxecto. O principal obxectivo é difundir e comunicar as actividades e resultados a todas as partes interesadas relevantes para aumentar o impacto do proxecto e axudar á consecución de todos os obxectivos do mesmo.

Características do servizo:

Deseñar unha serie de materiais e ferramentas informativas (artigos, vídeos, etc.) que:

  1. Comuniquen as actividades do proxecto a todas as partes interesadas relevantes.
  2. Difundan os resultados do proxecto a todos os axentes relevantes e usuarios potenciais.
  3. Informen aos cidadáns sobre a PAC e, en concreto, sobre o obxectivo transversal da nova PAC de impulsar a innovación e a modernización do sector.

O medio dixital seleccionado deberá estar enfocado a informar sobre os sectores agrícola, gandeiro, e forestal. Este medio deberá ter capacidade para realizar entrevistas e xerar información para o sector profesional (axudas, prezos, artigos técnicos, etc.).

Accións a desenvolver:

Divídense en tres lotes principais de actividades:

LOTE 1: Artigos sobre a PAC

Creación e publicación dunha serie de 12 artigos que proporcionen información coherente, obxectiva e completa sobre diferentes aspectos relacionados co papel da PAC na promoción da innovación na agricultura e sobre como isto contribúe á transición cara a un sistema alimentario sostible na UE.

Elaborarase polo menos un artigo por obxectivo específico da PAC dedicado a explicar como o obxectivo transversal interactúa e contribúe a acadar cada un dos obxectivos específicos. Prestarase especial atención a desmontar percepcións erróneas sobre a PAC relacionadas cos temas dos artigos.

Os artigos estarán especialmente dirixidos aos axentes e estudantes que participen nas dinámicas do proxecto pero deberán empregar un estilo simple e fácil de entender para que sexan informativos e relevantes para a poboación en xeral.

Os artigos deberán ser redactados en galego, castelán e/ou portugués.

LOTE 2: Micro-vídeos

Planificación, gravación de imaxes, montaxe e publicación de 12 micro-vídeos dunha duración de 1-2 minutos e de contido relacionado cos artigos do LOTE 1. O obxectivo destes micro-vídeos será complementar os artigos e facilitar a súa promoción nas redes sociais.

Os micro-vídeos deberán publicarse en castelán, galego, portugués e inglés (audio e/ou subtítulos).

LOTE 3: Vídeo resumo dos seminarios

Realización dun vídeo sobre os seminarios organizados en Galicia e Portugal, que recolla todas as fases do proceso e que inclúa entrevistas aos participantes.

O vídeo resumo deberá publicarse en castelán, galego e portugués (audio e/ou subtítulos).

Documentación a entregar

  • Memoria descritiva indicando as fases do traballo a realizar para acometer cada un dos puntos indicados no apartado anterior, indicando o(s) lote(s) aos que se presenta, facendo referencia á calidade gráfica e técnica dos materiais a desenvolver (artigos, vídeos, etc.), á experiencia dos profesionais do medio na difusión de información no sector agroalimentario e ás posibles melloras que se ofrecen.
  • Estatísticas de impacto do medio no sector agroalimentario.
  • Oferta económica.

Prazo execución das accións:

Desde setembro de 2022 até xullo de 2023

Criterios de selección:

A maiores da oferta económica terase en conta para a adxudicación:

  • Implantación sectorial e audiencia.
  • Experiencia dos profesionais do medio.
  • Calidade gráfica e técnica dos materiais a publicar.
  • Servizos complementarios para a divulgación das actividades.

Importe máximo:

Importe sen IVEImporte IVE incluído
LOTE 1: Artigos sobre a PAC8.264,46 €10.000,00 €
LOTE 2: Micro-vídeos.8.925,61 €10.800,00 €
LOTE 3: Vídeo resumo dos seminarios4.132,23 €5.000,00 €
TOTAL21.322,30 €25.800,00 €

Prazo e forma de presentación da oferta:

O prazo para presentar a oferta será de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte aquel en que se publique a oferta.

A oferta deben enviala a través do correo kicap@juanadevega.org.

José Manuel Andrade Calvo

Fundación Juana de Vega

A Fundación Juana de Vega é beneficiaria do proxecto KICAP (Boosting Knowledge & Innovation in rural areas through CAP support) da Convocatoria IMCAP-2022 (Support for information measures relating to the Common Agricultural Policy for 2022) financiada pola Comisión Europea.